Ryan Rupert Reid, nado en Lauderdale Lakes, Florida, o 30 de outubro de 1986 e finado o 9 de xullo de 2025, foi un xogador estadounidense de baloncesto profesional.

Traxectoria profesional Reid era elixible automaticamente para o Draft da NBA de 2010 tras rematar os catro anos de universidade. Os Oklahoma City Thunder foron o único equipo NBA que o viron traballar antes do draft. Foi en cambio elixido polos Indiana Pacers na 57ª posición e os seus dereitos foron traspasados inmediatamente aos Thunder a cambio dos dereitos de Magnum Rolle, a elección número 51. A súa elección foi considerada unha sorpresa no draft xa que algúns analistas non consideraban que estivera no top 100 de eleccións para o draft. En cambio, os Thunder estaban xa impresionados coas habilidades defensivas de Reid e o seu traballo, e decidiron darlle unha oportunidade.

Xogou na Summer League de 2010 en Orlando cos Thunder. Xogou en catro partidos, acadando 8.3 puntos e 3.8 rebotes en 16.0 minutos por partido. Con todo, non recibiu ningunha oferta de contrato nin invitación para o Training Camp dos Thunder para a tempada 2010-11. O 26 de novembro de 2010, foi fichado polos Tulsa 66ers, o afiliado da D-League dos Thunder.

O 21 de marzo de 2012, foi cortado polos Thunder tras pasar de novo polos Tulsa 66ers. Volveu aos 66ers o 23 de marzo de 2012.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1986 Categoría:Nados en Florida Categoría:Finados en 2025 Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Indiana Pacers Categoría:Xogadores dos Oklahoma City Thunder Categoría:Xogadores dos Mets de Guaynabo Categoría:Xogadores do Chorale Roanne Basket Categoría:Xogadores do SLUC Nancy Categoría:Xogadores dos Niigata Albirex BB Categoría:Xogadores dos Shimane Susanoo Magic Categoría:Xogadores dos St. John's Edge