José Rodríguez Mourelo, nado en Lugo o 24 de febreiro de 1857 (aínda que segundo outras fontes, naceu o 21 de novembro) e finado en Madrid o 21 de novembro de 1932, foi un químico galego.
Traxectoria Fillo de Antonio Rodríguez Pérez, alcalde de Lugo. Estudou nas Universidades de Santiago, onde foi alumno de Antonio Casares, e Madrid, ampliou estudos en Xenebra e París. Foi profesor de Química no, chamado daquela, Instituto Masculino de Lugo -hoxe IES Lucus Augusti- durante os cursos 1876-1878 e, posteriormente, en 1900, conseguiu a praza de profesor de Química Industrial e Orgánica na Escola Central de Artes e Industrias de Madrid. Foi conselleiro de Instrución Pública e de Agricultura.Ossorio y Bernard (1903), p. 388 Tamén foi profesor da Institución Libre de Enseñanza.
Formou parte do Comité Internacional para a publicación das Táboas Físico-Químicas e pertenceu a diversas corporacións científicas nacionais e estranxeiras, Colaborou en periódicos e revistas como Revista Europea, Revista de España, Revista contemporánea (1897-), La Ilustración española (1897-)... con artigos científicos.
Foi nomeado individuo de número da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais en 1902, chegando a ser presidente da Sección de Física e Química. Foi tamén membro de distintas sociedades como a Real Sociedade de Física e Historia Natural de Xenebra ou a Comisión Internacional das Táboas Físico-Químicas.
Entre as súas obras publicadas destacaron os traballos sobre a radioactividade, a materia radiante e a radiofonía.
Tamén foi bibliotecario do Ateneo de Madrid.
Casou coa escritora Francisca González Garrido, Fanny Garrido, viúva de Marcial del Adalid.
Obras La civilización moderna , 1880. Concepto actual del Cosmos , 1880. Concepto de la energía , 1882. La radiofonía, 1883. Del método experimental en la Psicología, 1884. Historia, progresos y estado actual de las ciencias naturales en España , 1886. La noción del cuerpo simple en la Química moderna, 1887. Curso de Ciencias Naturais, 1888; serie de conferencias no Ateneo de Madrid. Condición de los labradores en Galicia, 1890. Llave para la resolución de problemas en el laboratorio de Química de la Escuela general preparatoria de Ingenieros y Arquitectos, 1890. Los derivados del petroleo, 1891. Apuntes sobre algunos descubrimientos científicos realizados por españoles en América, 1892. Las disoluciones sólidas, artigo publicado na Revista da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales de Madrid (Tomo IV). Impr. La Gaceta de Madrid, 1906
Recoñecementos En 1908, foi nomeado Cabaleiro da Lexión de Honra de Francia.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Ficha na Real Academia de ciencias Exactas, Físicas e Naturais
Categoría:Químicos de Galicia Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1857 Categoría:Finados en 1932 Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Profesores da Institución Libre de Enseñanza Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Membros da Asemblea Nacional Consultiva Categoría:Profesores do Instituto Masculino de Lugo