miniatura|Mapa do Reino Suevo. HidacioForma que se emprega na tradución galega do seu cronicón: O cronicón de Hidacio. Toxosoutos, 2004. Nos manuscritos que sobre el se conservan, o seu nome aparece baixo formas como Idacius, Itacius, Ithacius, Ydatius, Adacius ou Hydacius. ou Idacio, coñecido en Portugal como Idácio de Chaves e tamén HidácioCarlos Eduardo de Soveral A historiografia medieval. Livraria Tavares Martins, 1963 ou Hidacio da Limia, nado c. 390 e finado no 469, foi un cronista, eclesiástico e dirixente da Gallaecia do turbulento século V.
Traxectoria Nacemento dereita|miniatura|Retrato de Teodosio I ao que Hidacio e a súa familia estiveron fortemente vinculados Naceu na comarca da Alta Limia, no seo dunha familia da aristrocracia local da civitates (comunidade) dos Lemicos . É moi dificultoso establecer un lugar concreto do nacemento. As posibilidades pasarían por un núcleo urbano, a Civitas Limicorum, que podería corresponder coa actual Xinzo de Limia, tamén polo Castro do VisoPreto de Nocelo da Pena, Sarreaus, Ourense. Ou ben puido nacer nunha das villae próximas, que se estaban a converter nos novos centros de poder no Baixo Imperio, principalmente porque as cidades soportaban as maiores cargas fiscais e os excesos do exército imperial, producindo a fuxida das elites aristocráticas a estes "pazos" rurais.
Máis dificultoso, se cabe, sería establecer a súa data de nacemento, podendo datarse entre os anos 388 e 400 e, tratando de concretar máis, entre o 390 e 392.
Pertencía a unha familia cristiá da baixa aristocracia de orixe galaico-romana vencellada á administración e que detentaba un poder vencellado á posesión das terras. Tratábase dunha nobreza pertencente a aquela que axudou a Teodosio I a erguerse no poder.
Educación Foi educado baixo as regras do práctico sistema educativo romano clásico (que sobreviviu o propio Imperio), dirixido a preparar as clases dirixentes para o exercicio das funcións públicas, pero coas alteracións producidas polo forte influxo do cristianismo (como por exemplo o abandono do estudo do grego). En conclusión, foi educado na cultura clásica dentro dun ambiente cristián.
Na súa obra móstrase como un bo observador astral. Relata varias eclipses parciais do sol, como a do 28 de maio do ano 458. Tamén varias eclipses da lúa como a do 2 de marzo do ano 462 e ata unha aurora boreal, fenómeno estraño nestas latitudes pero testemuñado de xeito similar a como el o fixo ao longo da historia. Tamén foi testemuña da visita do cometa Halley, na súa cita coa Terra cada 76 anos, o 18 e 29 de xuño do ano 451. Todos estes fenómenos naturais son narrados cunha gran precisión temporal cunha marxe de erro moi pequena.
Trátase en palabras de Candelas Colodrón:
Viaxe a Oriente De neno (anos 406 a 407) viaxou a Oriente, probablemente formando parte dunha comitiva enviada á corte imperial, e nel tamén visitou, de novo posiblemente, os santos lugares xeograficamente próximos. A causa da viaxe desta comitiva puido ser a busca de axuda fronte á ameaza dos bárbaros que romperan os limes do Imperio ou a fuxida do influxo da teoloxía priscilianista na busca dun trato de favor para a comunidade ortodoxa cristiá por parte do emperador. Nesta viaxe tivo a ocasión de coñecer relevantes personaxes do momento como san Xerome (figura de grande influencia na súa persoa) ou Teófilo I bispo de Alexandría.
Carreira relixiosa miniatura|dereita|Ponte de Traxano - Chaves. No centro atópase o coñecido como Padrão dos Povos. No ano 416 fixo os votos relixiosos e tan só once anos despois, no ano 427, foi ordenado bispo ocupando, sempre probablemente, a diocese de Aquae Flaviae, a actual Chaves, sendo elixido, como era habitual na época, polo clero e a poboación da localidade.
Porén, incluso non está moi claro que fose bispo, xa que na súa obra nunca menciona Chaves como a súa sé e esta tampouco aparece no Parochiale suevorum como tal. Pero isto non é nin moito menos concluínte xa que esta obra, que describe a división eclesiástica en tempos dos suevos, dista 100 anos da súa época. Amais, a implantación do arianismo na Gallaecia sueva tamén implicaría unha notable mudanza da organización eclesiástica anterior. Factores a ter en conta a favor da interpretación de Aquae Flaviae como sé do bispado é a súa posición como centro rexional cabeceira de 10 civitates, e unha proba disto é que foi o lugar onde se fixou o coñecido Padrão dos Povos (onde se gravaron unha relación das 10 civitates) e amais de ser un importante eixo viario xa desde o século I.
Morte No ano 460 o rei suevo Frumario tívoo cativo durante tres meses, ocasión que aproveitaron para violentar a súa rexión e romper os pactos feitos. Hidacio na súa obra acúsaos de traidores e mentireiros. Moitos autores sinalan esta data como a da fin do poder efectivo de Hidacio.
Morre no ano 469 a idade moi avanzada para a época. Trala súa morte, todo polo que loitara esvaeceuse de súpeto e só quedou a súa obra como testemuño dun período que morría con el.
Actividade política Contexto histórico Durante estes anos do Baixo Imperio as estruturas económicas e sociais romanas estaban ao bordo do colapso. A insoportable presión fiscal á que as comunidades estaban obrigadas facían que o poder público fose cedendo o seu lugar ao privado.
No ano 409 os bárbaros, suevos, vándalos e alanos entran en Hispania polos Pireneos. Enfrontáronse a eles non as tropas regulares imperiais, senón os exércitos de aristócratas galaico-romanos emparentados con Teodosio (Dídino, Veriniano, Lagosio e Teodosiolo).
Este abandono do Imperio obsérvase tamén na repartición que os bárbaros fixeron da Gallaecia no ano 411 sen a participación do Imperio: a parte mais occidental quedaría nas mans dos suevos e a oriental (a meseta) para os vándalos.
miniatura|Unha copia manuscrita dun libro de Paulo Orosio que dá unha visión distinta (máis optimista) dos feitos que Hidacio Hidacio di que os Suevos ocuparon a parte da provincia pegada ao mar pero, contrastando isto cos achados arqueolóxicos, pódese concretar que estes se asentaron principal ou incluso fundamentalmente no triángulo de terra conformado polas actuais Tui, Braga e Porto.
Sobre o impacto causado polo asentamento destes invasores temos dúas fontes contemporáneas aos feitos directamente confrontadas: mentres Orosio relata que os bárbaros se estableceron de modo pacífico "abandonando as espadas polos arados", Hidacio refire gran cantidade de ataques, saqueos e violencias. A resposta real suponse debe estar nun termo medio, tendo en conta que a aceptación do territorio polos suevos supuxo un mantemento das estruturas baixoimperiais.
Deste xeito, pódese describir unha panorámica na que os suevos conviven, máis ou menos pacificamente, con comunidades galaicorromanas independentes, tanto dos suevos como do Imperio, comunidades dirixidas pola elite económica e política á que pertence o propio Hidacio.
Unha proba desta situación é o pacto feito con Hermerico no ano 433 entre os galaicorromanos e os xermanos, realizado sen contar co Imperio.
A rexión de Chaves A súa comunidade, illada xeográfica e politicamente de Roma e independente dos suevos, reúnese ao redor do seu liderado (posiblemente mediante a institución do padroado) e identifícase coa súa figura de patrón-bispo, que garantiu o seu modo de vida, configurando deste xeito unha pequena unidade política baseada en vencellos persoais e políticos, produto do abandono do Imperio, e consecuentemente das curias (órganos colexiados de poder). Para obter a salvagarda dos seus intereses e os dos seus non dubidou en buscar e atopar vías de entendemento cos suevos cando a ocasión o requiría, destacando o seu carácter pactista e negociador fronte á opción do enfrontamento.
Como resultado, obsérvase unha identificación entre o poder de Hidacio e a independencia de Chaves, personaxe que dalgún xeito absorbeu na súa persoa os poderes romano (público) e o eclesiástico (relixioso) ao mesmo tempo que o poder privado (dos propietarios terratenentes), mantendo a súa comunidade unida fóra das actividades de saqueo e a influencia dos suevos ou incluso afrontando co seu propio patrimonio persoal o auxilium dos máis necesitados.
Viaxe á Galia No ano 431 encabezou, como representante da súa comunidade, unha delegación dos galaicos á Galia para pedir ao representante imperial, Flavio Aecio, axuda contra dos suevos, sen moito éxito.
miniatura|225px|Moedas coa representación de Valentiniano III, ao que se opuxo Hidacio. Hidacio, vencellado á idea de Roma, era consciente de que esa idea esmorecía, motivo polo que para salvar a súa posición, só quedaba establecer vínculos cos bárbaros, como non dubidou en facer. Proba disto son as poucas friccións habidas entre a nobreza galaico-romana e os invasores (circunscritos aos anos de anarquía que seguiron á morte de Requiario). Vencellada á súa preferencia pactista está tamén a unión de Hidacio coa casa teodosiana, que preferiu unha política que procurase máis a paz que o enfrontamento.
Para el, Igrexa e Imperio eran inseparables e garantían os privilexios da clase social á que pertencía. Estes seus intereses estiveron por riba de todo e fixeron que no seu momento tomase partido por Aecio (e despois por Avito), xeneral de Valentiniano III, que pertencía á dinastía teodosiana pero que abandonara progresivamente a política de apoio á aristocracia galo-hispana, decantándose por privilexiar a italo-romana.
Deste xeito logrou durante case medio século conservar a independencia da súa diocese e o poder que herdara.
Anti-priscilianismo Xa de volta na súa diocese, solicitou do papa León I axuda para loitar contra do priscilianismo que aínda tiña moita forza en toda a Gallaecia, se ben é o outro Hidacio, o Hydatius de Mérida o principal promotor antipriscilianista da península, polo que existe certa confusión que tende a esaxerar o carácter antipriscilianista do noso protagonista. Débese resaltar que na súa obra apenas lle dedica unha ou dúas mencións.
Obra O Cronicón Hidacio escribiu cara á fin da súa vida unha crónica, coñecida como o Cronicón de Hidacio, ao estilo das de Xerome de Estridón e a máis antiga de Eusebio de Cesarea. Trátase dunha fonte fundamental para o estudo da época (a época imperial romana e o ámbito hispánico) e para o estudo da propia bibliografía do autor. Escrita nun latín serodio, vulgar e redundante cun abuso do uso de barbarismos propio da época. O uso desta linguaxe vai estar sempre supeditada ao xénero escollido, a "crónica", polo que se ve na obriga de buscar sempre a brevidade, a ser conciso e veraz. A pesar disto a súa formación clásica asoma no emprego de figuras retóricas, principalmente no prefacio, ao tempo que na súa narración persegue sempre unha intención dramática.
É continuadora destas crónicas (comeza o texto "Ata aquí a historia conservada..."), sobre todo a de san Xerome e a de Eusebio de Cesarea, seguindo un modelo xa moi popular nesa época, coa pretensión de colocar a historia da humanidade no contexto da progresión lineal desde a creación bíblica á segunda chegada de Cristo. É unha peza chave para o coñecemento no noroeste peninsular dunha época na que se esvae o Imperio Romano de Occidente para dar paso ao Reino Suevo.
Hidacio describe os acontecementos ocorridos entre o 379 e o 468, e aínda que pretende ser unha crónica universal, o certo é que acabará centrándose nos acontecementos ocorridos na Gallaecia e dando unha visión escura do século V por mor do priscilianismo (tema sobre o que recolle poucas anotacións) e o asentamento dos bárbaros (suevos, visigodos) na península, pero principalmente movido polo esvaecemento do Imperio Romano e un determinado xeito de vida.
Probablemente, foi o primeiro en empregar unha nova forma de datación cronolóxica, a Era Hispánica (que comeza no 38 a. C., data na que Augusto dá oficialmente como conquistada a Península Ibérica)