Julia Augusta Cerdeiros Ferreirós, coñecida como La Gallega, nada en Lugo en 1882O principal investigador da figura de Julia Cerdeiros, Xurxo Martiz Crespo, indicou nun artigo que naceu nalgún lugar da provincia da Coruña no ano 1901, mais a súa partida de bautismo co seu nome completo demostra que fíxoo ao principio do ano 1882 en Lugo. e finada na República Dominicana, foi unha espía galega.
Traxectoria Filla de Luciano Cerdeiros González, empregado da Administración de Facenda en Lugo, e Josefa Ferreirós Rendo, naceu na parroquia de San Pedro da cidade de Lugo.Arquivos parroquiais da Diocese de Lugo, rexistro de bautismos da parroquia de San Pedro para o ano 1882. O bebé foi bautizado o 1 de marzo do mesmo ano. Tivo cando menos unha irmá chamada Felisa, que no ano 1900 se viu involucrada como testemuña nun escuro caso de corrupción de menores en Lugo e acabou por residir na Coruña, onde foi multada en 1910 e 1915 por diferentes motivos, e onde aínda residía en 1925.
En 1918 ou 1919, coincidindo coa morte do seu pai, emigrou á República Dominicana e traballou até mercar un bar que se converteu en punto de encontro de altos funcionarios do Estado ditatorial de Rafael Leónidas Trujillo. Estes contactos coa clientela funcionarial e unha serie de actividades comerciais fixeron que Cerdeiros lograse unha considerábel fortuna. Abriu un novo café na elegante e céntrica rúa Arcebispo Meriño en Santo Domingo.
A súa fortuna proviña en boa parte do traballo de información que facía para as autoridades trujillistas. Pero a oposición á ditadura logrou detectar as actividades de Cerdeiros como confidente policial. Para retirarse da circulación e evitar problemas cos opositores, decidiu en 1938 dar a volta ao mundo en barco xunto ao seu fillo, Bienvenido Velázquez. Pero recibiu unha proposta do ditador Trujillo para instarse como espía en Venezuela e desde alí informar das actividades da oposición dominicana e do apoio e colaboración que esta recibía do goberno venezolano.
En Venezuela comezou a relacionarse coa oposición exiliada e abriu un local que lles servise de punto de encontro. Polos seus traballos recibía pagos mensuais cun talón, un dos cales caeu en mans dos opositores que denunciaron a Cerdeiros ante os seus contactos no goberno venezolano. En 1945 foi detida pola intelixencia de Venezuela. Foi liberada tempo despois. Volveu á República Dominicana co seu fillo e alí morreu.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas A espía galega ao servizo do ditador Trujillo A Nosa Terra.
Categoría:Espías Categoría:Galegos da República Dominicana Categoría:Galegos de Venezuela Categoría:Nados en 1882 Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Nados en Lugo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes