Michelle Yeoh Choo-Kheng nada en Ipoh (Perak) o 6 de agosto de 1962, é unha actriz, modelo e bailarina malaia de orixe chinesa. O seu nome de nacemento en mandarín é Yáng Zǐqióng. Fala inglés, malaio e posteriormente aprendeu chinés.

Educación Comezou a estudar ballet ós catro anos. Segundo as súas propias declaracións, inspirada polo éxito do filme Fame únese á Royal Academy of Dance de Londres en 1980, onde acada o título en danza. Durante os seus estudos en Inglaterra probou técnicas de baile de tendencias como o jazz e o ballet; porén, a súa idea de se converter en prima bailarina truncouse por unha lesión de columna que sufriu nunha sesión de práctica na universidade. Esta lesión levouna a se especializar en coreografía e, por recomendación médica, afástase do baile como dedicación profesional.

Traxectoria En 1983 regresou ó seu país natal, participando e gañando o concurso de beleza Miss Malaisia. Apareceu nun anuncio de televisión xunto a Jackie Chan, o que espertou o interese dalgúns produtores cinematográficos. Apareceu logo nalgúns filmes producidos en Hong Kong cos actores Jackie Chan e Chow Yun-fat. Cando contrae matrimonio co executivo de cinema Dickson Poon en 1988, retírase da actuación até o ano 1992.

Logo do seu divorcio regresou ó cine con relativo éxito. Tralo seu regreso, a meirande parte dos seus papeis foron relacionados con filmes de artes marciais, cos que obtivo grande éxito en Asia. Curiosamente a pesar de non ter recibido adestramento formal en artes marciais é unha das poucas actrices que realizan as acrobacias persoalmente sen a axuda de dobres. Debido á súa crecente fama en Asia foi chamada a coprotagonizar en 1997 007: O mañá nunca morre da saga de James Bond xunto ó irlandés Pierce Brosnan, co que a súa imaxe fíxose máis familiar en occidente. Ese mesmo ano foi seleccionada pola revista "People" como unha das 50 persoas máis fermosas do mundo. Porén, foi o éxito internacional de Wò hǔ cáng lóng (Título orixinal: 臥虎藏龍. Tradución ó galego: "Tigre agazapado, Dragón agochado") xunto a Zhang Ziyi e Chow Yun-fat, dirixida por Ang Lee foi o filme que deparou un maior recoñecemento. Yeoh volveu aparecer en occidente ó coprotagonizar novamente xunto a Zhang Ziyi e co xaponés Ken Watanabe Memorias dunha gueixa, filme producido por Steven Spielberg.

Vida persoal 200px|dereita|miniatura| Jean Todt con Michelle Yeoh e o alcalde de Pierrefort diante da casa número 15 na Rúa Jean Todt Yeoh casou co empresario de Hong Kong Dickson Poon, que posúe negocios como Harvey Nichols e Charles Jourdan. Despois de divorciarse, o 28 de setembro de 2004 Jean Todt, director do equipo Ferrari da Fórmula 1, anunciou o seu compromiso matrimonial con Michelle Yeoh. Yeoh é de relixión budista. En marzo de 2008, visitou Vietnam para filmar un documental da rexión para a "Asia Injury Prevention Foundation" (AIPF). Yeoh é tamén unha partidaria e embaixadora do proxecto da China comprometido a protexer os tigres do sur da China.

Filmografía miniatura|dereita|Michelle Yeoh en Cannes no 2000. miniatura|dereita|Yeoh en Cannes no 2007 miniatura|dereita|Michelle Yeoh en Cannes no 2009 Ano Título Papel Notas 1984 The Owl vs Bombo Miss Yeung 1985 Yes, Madam Inspector Ng 1985 Twinkle, Twinkle Lucky Stars Instrutora de Judo 1986 Wong ga jin si Michelle Yip Tamén coñecido como In the Line of Duty 1987 Dynamite Fighters Fok Ming-Ming 1987 Tong tian da dao Michelle Yeung tamén coñecido como Easy Money 1992 Police Story 3: Super Cop Inspectora Jessica Yang 1993 The Heroic Trio Ching 1993 Butterfly and Sword Lady Ko 1993 Executioners Ching/San/Carol 1993 Holy Weapon Ching Sze/To Col Ching 1993 Once a Cop Jessica Yang 1993 Tai Chi Master Siu Lin 1994 Shao Lin xiao zi II: Xin wu long yuan Ah King tamén coñecido como Shaolin Popey 2 - Messy Temple 1994 7 jin gong Ying tamén coñecido como Wonder Seven 1994 Wing Chun Yim Wing Chun 1996 A Jin de gu shi Ah Kam tamén coñecido como Ah Kam 1997 The Soong Sisters Soong Ai-ling/Madam Kung 1997 007: O mañá nunca morre Wai Lin 1999 Sing yuet tung wa Sis tamén coñecido como Moonlight Express 2000 Wò hǔ cáng lóng Yu Shu Lien 2002 Tian mai zhuan qi Pak Yin Fay 2004 Silver Hawk Lulu Wong / The Silver Hawk 2005 Memorias dunha gueixa Mameha 2006 Fearless Ms. Yang 2007 Sunshine Corazon 2007 Far North Saiva 2008 The Children of Huang Shi Mrs.Wang 2008 Babylon A.D. Sister Rebeka 2008 The Mummy: Tomb of the Dragon Emperor Zi Yuan 2009 Turning Point Michelle Yeoh Documental 2009 Among the Great Apes with Michelle Yeoh Michelle Yeoh National Geographic documental 2010 True Legend Irmá Yu 2010 Reign of Assassins Zeng Jing Título en chinés Jianyu tamén coñecido como Jianyu Jianghu 2010 The Karate Kid Mestra de artes marciais 2011 Kung Fu Panda 2 Vedoira (voz) 2011 The Lady Aung San Suu Kyi

Galardóns e nomeamentos BAFTA á mellor actriz por Wò hǔ cáng lóng miniatura|dereita|Pegadas de Yeoh sobre a avenida das estrelas en Hong Kong

Véxase tamén

Ligazóns externas Ficha na IMDb Páxina oficial Ficha en Hoycinema.com Salon magazine Entrevista

Categoría:Actores de cinema Categoría:Actores de Malaisia Categoría:Actores da China Categoría:Nados en 1962