Urco Editora é unha empresa editorial galega con sede en Santiago de Compostela que comezou a súa andaina en 2007"Sobre nós", na páxina web da editorial. publicando literatura de fantasía, ciencia ficción, tanto traducida como escrita orixinalmente en galego.
Historia e características Ten publicado títulos como Unha viaxe á Lúa de George Tucker ou O castelo de Otranto de Horace Walpole, entre outros. Distribuíu os seus libros a través da Distribuidora Pragma.Nova distribuídora editorial en Galicia, Galiciaconfidencial, 31 de maio de 2011. e máis tarde polo Consorcio Editorial GalegoPuntos de venda na páxina web da editorial.. Tomás González e Rodrigo VizcaínoEntrevista con Rodrigo Vizcaíno en La Voz de Galicia. foron os máximos responsábeis da empresa durante a primeira etapa, namentres que David Cortizo CondeHai moitos lectores que podemos gañar para os libros en galego, entrevista a Cortizo en Biosbardia o 19 de xaneiro de 2015. e Andrea Jamardo foron as cabezas visíbeis na etapa posterior, durante a cal se lle concedeu un maior peso á literatura infantil e xuvenil fronte á literatura traducida que caracteriza os primeiros anos de produción editorialÁ literatura galega non lle queda outra que estar na vangarda, entrevista a Cortizo no Diario de Pontevedra, 11 de marzo de 2018..
A editorial organiza dende 2015 o Premio Antón Risco de literatura fantástica.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Urco Editora- Asociación Galega de Editoras.
Categoría:Editoriais de Santiago de Compostela