Emile Abossolo M'Bo nado o 29 de agosto de 1958 en Yaoundé, é un actor de cine, televisión e teatro camerunense-francés. Ó longo da súa traxectoria traballou en producións francesas, africanas e americanas.
Traxectoria Abossolo naceu en Yaoundé, a capital do Camerún. O seu pai motivouno no camiño da interpretación dende moi novo. Vive en Francia dende hai vinte anos e ten un fillo chamado Akeva.
Abossolo é un actor capaz de falar cinco linguas (inglés, francés, castelán, portugués e a súa lingua nai, o beti).
A súa carreira comezou no teatro, interpretando a Hamlet, Titus Andronicus e La Tragédie du Roi Christophe. Fixo papeis de sona en series de televisión francesas como La Brigade des Mineurs e Plus Belle la Vie. É recoñecido internacionalmente polas súas aparicións na serie de televisión Highlander: The Series, Queen of Swords e The Young Indiana Jones Chronicles. Recentemente, está traballar en producións africanas. Actuou no filme Ezra, a cal recibiu o "Stallion of Yennenga" no 2007 no "Panafrican Film and Television Festival of Ouagadougou" en Burkina Faso.
Filmografía Cinema 2010 : A Screaming Man .... (xefe do distrito) 2007 : Hitman ...(Xeneral Ajunwa) 2007 : Ezra.... (Rufus) 2006 : Sounds of Sand .... (Lassong) 2006 : Africa Paradis .... (Yokossi) 2006 : Juju Factory 2005 : Les Saignantes ...(Emile Abossolo) 2005 : Kirikou et les bêtes sauvages (voz) .... (O tío) 2001 : Un gars, une fille .... (Baptiste) 2000 : Workers for the Good Lord .... (Maguette) 1989 : Mama, There's a man in your bed .... (O marido)
Televisión 2008 : Plus belle la vie .... (Damien Mara) (58 episodios, 2005-2008) 2007 : Prédateurs, Les (TV) .... (Sassou N'Guesso) 2002 : Brigade des mineurs Serie de televisión .... 2001 : Queen of Swords....(Lamorena) Episodio "The Hanged Man" 1997 : Highlander: The Series .... (Jocko) 1994 : Highlander: The Series .... (Luther) Episodio "Legacy" 1993 : La joie de vivre .... (Arsène) 1992 : The Young Indiana Jones Chronicles .... (Joseph)
Teatro 1995 : Le Retour au désert de Bernard-Marie Koltès.
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Vídeo
Categoría:Actores do Camerún Categoría:Actores de cinema de Francia Categoría:Actores de televisión de Francia Categoría:Actores de teatro de Francia Categoría:Nados en 1958 Categoría:Nados en Yaoundé