José Fervenza Costas, nado en Moaña en 1962, é un empresario e político galego vinculado ao PPdeG.

Traxectoria Promotor e construtor. Desde 1984 milita en Alianza Popular e despois pasou ao Partido Popular. Foi portavoz do Partido Popular de Moaña. Foi elixido deputado do Parlamento de Galicia en 2005. Foi presidente da Asociación de Empresarios de Moaña ata 2007. En 2011 foi elixido alcalde de Moaña como cabeza de lista do PPdeG que foi a candidatura máis votada, con 8 dos 17 concelleiros da corporación, e grazas a abstención do edil socialista Arturo González Pérez.

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Moaña

Ligazóns externas Entrevista en Atlántico Diario

Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Moaña Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Moaña Categoría:Nados en 1962 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes