O Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) é un centro dedicado á recuperación, coidado, estudo e mostra do legado pedagóxico de Galiza. Está situado en Santiago de Compostela.

Historia Ten como precedente un efémero museo feito na Coruña en 1926. O centro foi creado pola Xunta de Galicia por decreto o 2 de novembro de 2000, sendo Celso Currás conselleiro de Educación."DECRETO 268/2000, do 2 de novembro, polo que se crea o Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega)" Logo de catro anos de construción do edificio e procura, restauración, inventario e catalogación do material, foi inaugurado o 21 de outubro de 2004.

O edificio, de baixo e dous andares, inclúe unha biblioteca-hemeroteca especializada, sala de investigación, departamento de documentación e conservación, salón de actos, patio de recreo e xogos populares, e obradoiros para nenos e nenas. A colección acolle máis de 50.000 pezas. Delas, moitas están en exposición permanente nos diferentes módulos.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina web do Mupega

Pedagóxico Categoría:Pedagoxía Categoría:Recursos para o ensino