miniatura|Sede principal de NCG Banco na Coruña no edificio histórico de Caixa Galicia. miniatura|Sede de Caixanova en Vigo, posteriormente sede de NCG Banco en Vigo.

Novagalicia Banco foi a marca comercial creada por NCG Banco S.A. o 19 de outubro de 2011 para operar financeiramente en Galicia, Asturias, León e o mercado internacional, do negocio bancario de Novacaixagalicia que, á súa vez, foi o resultado da fusión de dúas caixas de aforros, Caixa Galicia e Caixanova.

Inicialmente, mantén dúas sedes operativas: a sede social e fiscal localízase na Coruña e a sede institucional e dirección efectiva do negocio en Vigo.

Resultado da integración, ao longo de tres décadas, de máis dunha decena de institucións bancarias, Novagalicia Banco constituíu naquel momento o primeiro axente financeiro de Galicia cun 40% de cota de mercado e 680 oficinas operativas en todo o territorio español.

Novagalicia Banco desenvolve un modelo de negocio fundamentalmente retallista e multicanal, baseado na capilaridade e a alta densidade de sucursais.

En Galicia, Asturias e a provincia de León opera baixo a denominación comercial Novagalicia Banco e, no resto de España, baixo a marca EVO Banco. Tras da venda desta marca, constituída en banco independente grazas á concesión dunha ficha bancaria por parte do Banco de España, ao fondo de investimento Apollo Global Management, NCG Banco deixará de operar en decembro de 2013 fóra de Galicia, Asturias e León, tal e como se establece no acordo de reestruturación exixido polas institucións europeas a España como parte do rescate financeiro.NCG Banco vende EVO a la firma de capital riesgo Apollo por 60 millonesNCG concluirá en diciembre la segregación de Evo Banco. La Voz de Galicia. 28-10-2013.

Pese a iso, NCG Banco está autorizado a manter durante uns meses unha serie de oficinas de representación nas principais cidades españolas coa propia marca NCG para desfacerse dos seus activos, debendo deixar de prestar servizos financeiros fóra da súa zona territorial tradicional. Antes de 2017, deberá centrar o seu modelo empresarial en préstamos por xunto e préstamos ás peme nas súas principais rexións históricas, debendo abandonar as liñas de créditos a favor de promocións inmobiliarias, e limitarán a súa presenza no mercado por xunto.Ayudas estatales: la Comisión aprueba planes de reestructuración de los bancos españoles BFA–Bankia, NCG Banco, Catalunya Banc y Banco de Valencia

Completa a súa estrutura organizativa a Unidade de Xestión de Activos Singulares (Unidad de Gestión de Activos Singulares, UGAS), responsábel da xestión de activos crediticios con debilidades significativas e activos inmobiliarios, e a banca grosista para operacións en mercados financeiros.

NCG Banco, S.A. participaba en 2012 no accionariado de máis de 220 sociedades, a través do seu brazo industrial, Corporación Novagalicia Banco.

O Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB) posuía a maioría do capital de NCG Banco, até que a entidade foi vendida nunha poxa en decembro de 2013.

Identidade corporativa Novagalicia Banco naceu o 19 de outubro de 2011 baixo o lema publicitario "Un novo banco cos clientes de toda a vida". A súa imaxe corporativa e logotipo constituíron unha evolución gráfica da imaxe de Novacaixagalicia, entidade que dá orixe á matriz do grupo NCG Banco S.A..

Como primeiro axente financeiro de Galicia, Novagalicia Banco recolleu no seu logotipo a paleta de cores azuis que lle vincula á identidade gráfica e cultural de Galicia e unha tipografía creada de forma específica.

Estrutura operativa

Rede de oficinas NCG Banco (sen EVO Banco) é unha entidade con 592 oficinas, 4.446 empregados, 59.000 millóns de euros en activos e 1,9 millóns de clientes. Ten 41 oficinas fóra de Galicia da unidade UGAS, para xestionar os activos en saneamento.Los interesados en Novagalicia deben enviar ofertas antes del 13 de diciembreNCG Banco traspasa EVO a la firma Apollo por 60 millones

Accionariado Os accionistas de NCG Banco eran (2013): Accionista Participación FROB 63 % NCG Banco obtiene 47 millones de euros de beneficio FGD 26 % Investidores grosistas 8 % Investidores retallistas 2 % Autocarteira 1 %

Consello de administración O Consello de Administración de NCG Banco estaba formado (2013) por: Nome Cargo José María Castellano Ríos Presidente César González-Bueno Mayer Conselleiro delegado Enrique Llano Cueto Vogal José Manuel Gabeiras Vázquez Vogal Xabier Alkorta Andonegi Vogal Jaime Requeijo González Vogal Francisco Javier Rodríguez Seijo Vogal FROB (representado por Jose Antonio Portugal Alonso e Javier Moreno Cepeda) Vogal Francisco Serna Gómez Secretario non conselleiro José Eduardo Álvarez-Naveiro Sánchez Vicesecretario non conselleiro

Participacións sector sociedade porcentaxe Financeiro Ahorro Corporación 6,38 % Automoción Grupo Copo 21,1 % Seguros Caser 10,31 %Enerxía CLH 5 % Eólica Galenova 100 % Alimentación Sogevinus 100 %Infraestruturas Itinere 23,76 % Elecnor 5,05 %Téxtil Adolfo Domínguez 5,05 % Grupo Tavex 5 % Turismo NH Hoteles 2,71 % Tecnoloxía Tecnocom 20,05 % Inmobiliaria Quabit 3,19 %Construción Sacyr Vallehermoso 3,27 % General de Alquiler de Maquinaria 4,95 % Transporte Transmonbús 33,96 % Naval Naviera Elcano 12 %

Historia

2011 NCG Banco ten a súa orixe na caixa de aforros Novacaixagalicia, nacida un ano antes da fundación do banco, o 1 de decembro de 2010, froito da fusión das caixas de aforro Caixa Galicia e Caixanova. As exixencias do Real Decreto Lei 2/2011, levaron á creación dun banco a través do cal se operaría o negocio até ese momento de Novacaixagalicia, creando unha filial participada no momento da súa creación totalmente pola caixa.

Desta maneira, NovaCaixaGalicia quedou sen negocio bancario, e a súa existencia limitábase ao mantemento económico da obra social mediante os ingresos obtidos pola súa participación en NCG Banco.

O 14 de setembro de 2011, nace NCG Banco, S.A. Na súa nova etapa, José María Castellano é o presidente executivo da entidade e César González-Bueno Mayer o conselleiro delegado. NCG Banco, S.A. constitúese como a primeira institución na historia financeira de Galicia en empregar o galego para outorgar a súa escritura fundacional.

O 10 de outubro o Estado español, a través do Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB) tomou a decisión, tras non cumprir a entidade as exixencias de liquidez determinadas polo Banco de España, e acumulando unha gran débeda herdada das dúas caixas orixinarias, de nacionalizar o banco, adquirindo aproximadamente o 92 % de NCG Banco. Para iso, realizou unha ampliación de capital por 2.465 millóns de euros co obxectivo de dar entrada no seu accionariado ao FROB. Os novos fondos sumáronse aos 1.714 millóns de patrimonio neto achegado por Novacaixagalicia, resultando un patrimonio neto total de 4.180 millóns de euros, un capital principal de 5.275 millóns de euros e un 10,45 % de capital sobre os activos ponderados por risco (APR), cun coeficiente de solvencia do 15,67 %.

O 19 de outubro o banco cambiou a rotulación das oficinas operadas até ese momento por NovaCaixaGalicia e lanzou a marca comercial Novagalicia Banco, baixo o lema "Un novo banco cos clientes de toda a vida". A partir do 14 de novembro comezou a operar con dúas marcas diferenciadas e dous modelos de negocio especializados: Novagalicia Banco, en Galicia e no mercado internacional, e EVO Banco no resto de España. O cambio estratéxico incluíu a creación de dúas novas unidades de negocio: unha especializada na banca grosista, e unha Unidade de Xestión de Activos Singulares (UGAS), especializada en activos non estratéxicos.

2012

O 12 de xaneiro de 2012 entraron no capital do banco 17 empresarios galegos, a través da compra ao FROB do 2,59 % do capital. Este quedou repartido entre o 90,57 % do FROB, o 2,59 % dos investidores privados e o 6,84 % de Novacaixagalicia.

O 12 de marzo comezou a operar fóra de Galicia baixo a denominación comercial EVO Banco. Nas súas primeiras catro semanas de andaina, EVO captou 8.290 clientes e 70 millóns de euros.

O 12 de xullo Novagalicia Banco converteuse no primeiro banco español que presentou unha campaña nos medios de comunicación na que o presidente executivo e o conselleiro delegado da entidade pedían persoalmente desculpas aos seus clientes polos investimentos en ladrillo que as dúas caixas que orixinaron a entidade realizaron durante a época da burbulla inmobiliaria en España e pola venda de participacións preferentes a clientes que non coñecían o risco deste produto financeiro e que actualmente reclaman a recuperación dos seus aforros.

O 27 de decembro o FROB inxectou 5.425 millóns de euros de axudas procedentes do Mecanismo Europeo de Estabilidade (MEDE), polo que tomou o control do 100 % da entidade.El FROB ejecuta la inyección de 5.425 millones en NCG Banco y controla el 100% de la entidad Debido a iso, Novacaixagalicia pasou a converterse nunha fundación de carácter especial ao perder o seu capital en NCG Banco.Novacaixagalicia es ya una fundación especial tras perder su capital en NCG

2013

O 19 de xullo de 2013, o Fondo de Garantía de Depósitos (FGD) pasou a controlar o 25,57 % de NCG Banco tras o desembolso de 801 millóns de euros para dar liquidez aos preferentistas e titulares de débeda subordinada de NCG Banco.El FGD entra en el capital de NCG Banco y Catalunyabanc tras inyectar 1.800 millones

O 9 de setembro anunciouse a venda das oficinas da marca EVO Banco por parte de NCG Banco á entidade estadounidense Apollo Global Management.

O 18 de outubro EVO Banco foi inscrito no Rexistro Especial de Bancos e Banqueiros do Banco de España. Está previsto que a segregación de EVO Banco termine en decembro para que Apollo Global Management tome definitivamente o seu control.NCG concluirá en diciembre la segregación de Evo Banco.

O 19 de novembro o FROB abriu o proceso ofertas vinculantes para a poxa de NCG Banco. Os bancos interesados foron Banco Santander, BBVA, La Caixa (CaixaBank) e o venezolano Banesco, mentres que entre os fondos que apostaban pola entidade galega foron Guggenheim, WL Ross, JC Flowers e Anchorage.El fondo de rescate abre el proceso de privatización de Novagalicia Diario El País (España), 12-11-2013. As ofertas vinculantes deberían remitirse antes do 16 de decembro e, unha vez recibidas e "sempre que unha non resulte substancialmente máis favorábel que o resto", se abriría unha segunda fase, na que se seleccionarían "as tres entidades que presentaran mellores ofertas". A estas tres se lles pediría entón que realizaran a "súa oferta definitiva".

Finalmente, o 18 de decembro de 2013, o FROB anunciou a adxudicación da poxa por Novagalicia Banco, ante a sorpresa da maioría dos observadores, que apostaban por un banco español, especialmente La Caixa, ao banco venezolano Banesco, propiedade do financeiro venezolano de orixe española Juan Carlos Escotet (naceu en Madrid, fillo de nai asturiana e pai leonés), e que presentou a oferta como Banco Etcheverría/Grupo Banesco (o banco Etcheverría recentemente —decembro de 2012— fora comprado por Banesco). A adxudicación foi por 1.003 millóns de euros, e sen solicitude de axudas públicas. Banco Etcheverría/Grupo Banesco asumiu o control da entidade galega co compromiso de manter a xestión, a sede e a obra social en Galicia, e o emprego, así como abordar a concesión de novos créditos a familias e pemes por un importe superior aos 9.000 millóns de euros. Banesco Grupo Financiero Internacional ten a súa sede en España e actividade en Venezuela, Estados Unidos, Panamá, Porto Rico, República Dominicana, Colombia e España.Banco Etcheverría Grupo Banesco ganó subasta de NCG Banesco. 18 de decembro de 2013.