Carrie-Anne Moss, nada en Burnaby (Columbia Británica) o 21 de agosto de 1967 é unha actriz canadense que acadou fama internacional tralas súas aparicións na triloxía de filmes de Matrix interpretando a Trinity.

Traxectoria Cando era nova, vivía coa súa nai Barbara na cidade de Vancouver. Cando tiña once anos entrou no Teatro musical de nenos de Vancouver e despois fixo un tour por Europa co Coro da Escola Secundaria Magee no seu derradeiro ano. Tras isto, involucrouse na Academia Americana de Artes Dramáticas en Pasadena ata que volveu. En 1985 mudouse de Vancouver a Toronto e fíxose modelo. Durante ese período como modelo e a finais dos anos 80, foi a España e ao Xapón.

Estando en España conseguiu un papel na serie dramática Dark Justice, a súa primeira aparición na televisión. Marchou de Barcelona aos Ánxeles (California) para a serie en 1992. Pero a súa carreira tomou outro camiño cando foi elixida para representar a Trinity no filme Matrix, que se estreou en 1999 con grande éxito a nivel mundial. Tras este, fixéronse dous filmes máis que pecharon a triloxía e nos que Moss tamén participou. Tamén tivo un papel destacado en Memento (2000), interpretando a Natalie.

Carrie-Anne Moss casou co actor Steven Roy en 1999. Teñen dous fillos, (Owen, nado en setembro de 2003, e Jaden, nado en novembro de 2005), e unha filla (nada en xuño de 2009). A actriz Maria Bello é a madriña do seu fillo máis vello.

Filmografía Cinema Ano Título PersonaxeNotas 1994 The Soft Kill Jane Tanner 1994 Flashfire Meredith Neal 1995 Terrified Tracy Tamén coñecido como Evil Never Sleeps 1996 Sabotage Louise Castle 1997 Lethal Tender Melissa Wilkins 1997 The Secret Life of Algernon Madge Clerisy 1999 New Blood Leigh 1999 Matrix Trinity 2000 Chocolat Caroline Clairmont 2000 Red Planet Kate Bowman 2000 The Crew Olivia Neal 2000 Memento Natalie 2003 Matrix Reloaded Trinity 2003 Animatrix Trinity (voz) 2003 Matrix Revolutions Trinity 2004 Suspect Zero Fran Kulok 2005 The Chumscrubber Jerri Falls 2005 Confessions of an Action Star Ela mesma / moza 2006 Fido Helen Robinson 2006 Snow Cake Maggie 2006 Mini's First Time Diane Drogues-Tennan 2007 Disturbia Julie Brecht 2007 Normal Catherine 2008 Fireflies in the Garden Kelly Hanson 2009 Love Hurts Amanda Bingham 2010 Unthinkable Helen Brody 2012 Silent Hill: Revelation 3D Claudia Wolf 2012 Knife Fight Penelope Nelson 2013 The Clockwork Girl Admiral Wells (voz) 2013 Treading Water Psiquiatra 2013 Compulsion Saffron 2014 Dragon Nest: Warriors' Dawn Elena (voz) 2014 Pompeii Aurelia 2014 Elephant Song Olivia 2015 Pirate's Passage Kerstin Hawkins (voz) 2015 Unity Narradora Documental 2015 Frankenstein Elizabeth Frankenstein 2016 Brain on Fire Rhona Nack 2017 The Bye Bye Man Detective Shaw 2021 The Matrix Resurrections Trinity Chocolate Lizards Faye

Televisión Ano Título Personaxe Notas 1991–1993 Dark Justice Tara McDonald 9 episodios 1991 Street Justice Jennifer 2 episodios 1992 Forever Knight Monica Howard Episodio: "Feeding the Beast" 1992 Down the Shore Nancy Episodio: "Atlantic City" 1993 Matrix Liz Teel 13 episodios 1993 Doorways Laura Piloto sen emitir 1993 Silk Stalkings Lisa / Lana Bannon Episodio: "The Perfect Alibi" 1994–1995 Models Inc. Carrie Spencer 29 episodios 1994 Baywatch Gwen Brown / Mattie Brown Episodio: "Mirror, Mirror" 1995 Nowhere Man Karin Stoltz Episode: "Something About Her" 1996–1997 F/X: The Series Lucinda Scott 22 episodios (tempada 1) 1996 Due South Irene Zuko Episodio: "Juliet is Bleeding" 1997 Viper Stacy Taylor Episodio: "Triple Cross" 2007 Suspect Tte. Chivers Piloto de televisión 2008 Pretty/Handsome Elizabeth Fitzpayne Piloto de televisión 2011 Normal Ann Brown Piloto de televisión 2011–2012 Chuck Gertrude Verbanski 4 episodios 2012–2013 Vegas Katherine O'Connell 21 episodios 2014 Crossing Lines Amanda Andrews 4 episodios 2015–2019 Jessica Jones Jeryn Hogarth 34 episodios 2016 DaredevilJeri Hogarth Episodio: "A Cold Day in Hell's Kitchen" 2016 Humans Athena Morrow 8 episodios 2016 Man Seeking Woman Joan Dillon Episodio: "Eel" 2017 Iron Fist Jeri Hogarth 3 episodios 2017 The DefendersJeri Hogarth Episodio: "Mean Right Hook" 2019 Wisting Maggie Griffin 10 episodios 2019–2020 Tell Me a Story Rebecca Pruitt 10 episodios (tempada 2)

Videoxogos Ano Título Personaxe (voz) Notas 2003 Enter the Matrix Trinity FMV; captura de movemento 2010 Mass Effect 2 Aria T'Loak 2012 Mass Effect 3 Tamén aparece en Omega 2021 Mass Effect: Legendary Edition The Matrix Awakens El mesmo / Trinity Voz e captura de movemento para The Matrix Resurrections 2022 Horizon Forbidden West Tilda Voz e captura de movemento

Premios e nomeamentos 2007: Genie Award, Mellor Actriz en Papel secundario Snow Cake 2007: Vancouver Film Critics Circle Award, Mellor Actriz en filme canadense por Fido 2002: Independent Spirit Award, Mellor Actriz secundaria por Memento 2000: Golden Slate, Mellor Actriz en papel protagonista por Matrix 2000: Empire Award, Mellor Debut en Matrix

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha na IMDb Páxina Oficial

Categoría:Actores de cinema do Canadá Categoría:Actores de televisión do Canadá Categoría:Actores de voz do Canadá Categoría:Nados en 1967 Categoría:Nados na Columbia Británica