James Lee Anderson, nado o 25 de marzo de 1989 en El Dorado, Arcansas, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xoga no Manisa BB turco. Antes de ser profesional formouse na universidade de Oklahoma State.
Traxectoria Anderson foi elixido na 20ª posición do Draft da NBA de 2010 polos San Antonio Spurs. Xogou en seis partidos no comezo da tempada, antes de quedar fóra debido a unha rotura do quinto metatarso do seu pé dereito. O 26 de xaneiro de 2011, foi asignado aos Austin Toros da NBA D-League, para coller forma ao volver a xogar. Anderson xogou dous partidos para os Toros, antes de ser chamado polos Spurs tres días despois. Con todo, o 7 de febreiro, foi asignado outra vez aos Austin Toros, onde xogou en cinco partidos máis, antes de ser chamado polos Spurs o 23 de febreiro. Os Spurs non exerceron a súa opción para renovalo durante o verán, e Anderson converteuse en axente libre. En setembro de 2012, Anderson asinou cos Atlanta Hawks. Foi cortado polos Hawks o 27 de outubro de 2012. Despois diso, Anderson foi fichado polos Bakersfield Jam da NBA Development League.
O 2 de xaneiro de 2013, Anderson fichou polos Houston Rockets. O 15 de xullo de 2013, foi cortado polos Rockets. O 16 de xullo de 2013, asinou polos Philadelphia 76ers. O 13 de novembro de 2013, conseguiu a maior anotación da súa carreira ó anotar 36 puntos contra os Houston Rockets na vitoria dos Sixers na prórroga por 123-117. O 30 de xuño de 2014, Anderson foi cortado polos 76ers.Sixers Waive Guard James Anderson O 5 de agosto de 2014, asinou un contrato dun ano co Žalgiris Kaunas lituano.Zalgiris adds swingman Anderson Após un breve regreso pola NBA cos Sacramento Kings en 2015–2016, Anderson xogou para distintos equipos europeos como o Darüşşafaka, o Khimki, o Anadolu Efes e o Murcia.
Estatísticas NBA Tempada regular Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS 2010–11 San Antonio 26 11.0 .383 .391 .778 .9 .7 .1 .2 3.6 2011–12 San Antonio 51 11.8 .379 .279 .750 1.5 .8 .2 .0 3.7 2012–13 San Antonio 10 9.4 .440 .455 .778 1.4 .9 .3 .2 3.4 2012–13 Houston 29 10.6 .406 .327 .895 2.0 1.1 .4 .1 4.0 2013–14 Philadelphia 80 28.9 .431 .328 .726 3.8 1.9 .9 .4 10.1 2015–16 Sacramento 51 14.1 .376 .267 .759 1.7 0.8 0.4 0.3 3.5 Total 247 17.5 .411 .321 .755 2.3 1.2 .5 .2 5.8
Playoffs Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS 2012 San Antonio 8 3.9 .444 .500 .500 .6 .4 .1 .0 1.4 2013 Houston 2 9.0 .200 .000 .000 2.0 .0 .0 .0 1.0 Total 10 4.9 .357 .286 .500 .9 .3 .1 .0 1.3
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas en Basketball-Reference.com Biografía Oklahoma State Estatísticas na universidade
Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados no condado de Union, Arcansas Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos San Antonio Spurs Categoría:Xogadores dos San Antonio Spurs Categoría:Xogadores dos Houston Rockets Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores do BC Žalgiris Kaunas Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores do Darüşşafaka SK Categoría:Xogadores do BC Khimki Categoría:Xogadores do Anadolu Efes SK Categoría:Xogadores do CB Murcia