Lazar Miller Hayward, nado o 26 de novembro de 1986 en Buffalo, Nova York, é un xogador americano de baloncesto profesional. Antes xogou para a Universidade de Marquette.

Traxectoria profesional Foi seleccionado polos Washington Wizards na 30ª posición do Draft da NBA de 2010, e os seus dereitos foron traspasados aos Minnesota Timberwolves pouco despois de ser drafteado.

O 13 de decembro de 2011, Hayward foi traspasado aos Oklahoma City Thunder a cambio dunha elección de segunda rolda do Draft e Robert Vaden. O 2 de marzo de 2012, foi asignado aos Tulsa 66ers da NBA D-League. Foi chamado de volta polos Thunder o 4 de marzo tras facer 28 puntos por partido en dous encontros cos Tulsa 66ers.

O 27 de outubro de 2012, Hayward foi traspasado ós Houston Rockets xunto a Cole Aldrich, Daequan Cook e James Harden a cambio de Kevin Martin, Jeremy Lamb e varias futuras eleccións do Draft.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com

Categoría:Nados en 1986 Categoría:Nados en Buffalo, Nova York Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Washington Wizards Categoría:Xogadores dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores dos Oklahoma City Thunder