Luís López Diéguez, coñecido popularmente como "Lugués", nado en San Salvador de Camba (Rodeiro) en abril de 1978, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi concelleiro de Rodeiro polo PPdeG dende 2003. Na lexislatura 2003-2007 foi concelleiro delegado de educación, cultura, deportes e xuventude. Encabezou a lista do PPdeG á alcaldía de Rodeiro nas eleccións municipais de 2011, que obtivo 5 concelleiros, e resultou elixido alcalde como cabeza da lista máis votada. Nas municipais de 2015 obtivo a maioría absoluta, o mesmo que nas municipais de 2019. En febreiro de 2021 foi nomeado delegado da Xunta na provincia de Pontevedra logo da dimisión de Luísa Piñeiro Arcos.Luis López será delegado de la Xunta en Pontevedra O 6 de xullo de 2023 foi elixido presidente da deputación de Pontevedra.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Rodeiro

Categoría:Alcaldes de Rodeiro Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Rodeiro Categoría:Nados en 1978 Categoría:Presidentes da Deputación de Pontevedra Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela