O Club de Fútbol Villanovense é un club de fútbol español da cidade de Villanueva de la Serena, na provincia de Badaxoz. Foi fundado en 1992 e actualmente xoga na Segunda División B Española, categoría á que ascendeu en 2011 desde a Terceira División.
Uniforme
Uniforme titular: Camiseta verde con mangas brancas, pantalón branco e medias verdes. Uniforme secundario: Camiseta azul celeste con mangas azul escuro, pantalón azul mariño e medias azuis.
Estadio
O campo do CF Villanovense é o Estadio Municipal Villanovense, coñecido como Romero Cuerda até o ano 2017. Foi inaugurado en 1975 e ten capacidade para 5.000 espectadores. As dimensións do terreo de xogo son 100 x 67 m.
Datos do club Tempadas en 1ª: 0 Tempadas en 2ª: 0 Tempadas en 2ªB: 9 Tempadas en 3ª: 34
Palmarés Terceira División Española (2): 2005-06, 2010-11 Subcampión da Terceira División Española (1): 2004-05
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial Web do Villanovense en Futbolme.com
Villanovense Villanovense Categoría:Villanueva de la Serena