A bicicleta de Christiania ou bicicleta Christiania é un tipo de bicicleta caracterizada polo seu carriño inclinado de transporte de mercadorías ou persoas, por diante do guieiro. O carro pode ser de diferentes tamaños e estar ou non cuberto. Ten tres rodas e por norma xeral leva un contrachapado. Debe o seu nome ao barrio de Christiania, en Copenhague.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina de venda e información. Galería de imaxes de bicis Christiania.

Categoría:Bicicleta