A provincia do Brabante ValónBrabante é o nome da rexión histórica, hoxe dividida entre os Países Baixos e Bélxica. Ver entrada de «Oss». (francés: Brabant wallon, neerlandés: Waals-Brabant) é a máis nova e tamén a máis pequena provincia belga.
Baixo a tutela da Rexión Valoa, está fortemente polarizada por Bruxelas, da que é unha extensión periurbana. As principais communes son Wavre, Waterloo, Braine-l'Alleud, Nivelles, Tubize, Rixensart, Ottignies-Louvain-la-Neuve e Jodoigne.
A provincia contaba (a 1 de xaneiro de 2008) con 373.4922 habitantes. A súa superficie é de 1.093 km² e a súa capital é a cidade de Wavre.Institut national de statistique - Direction générale Statistique et Information économique
Pequena historia A provincia naceu da escisión da antiga provincia unitaria de Brabante entre o Brabante Flamengo (de fala predominante neerlandesa) e o Brabante Valón (de fala predominante francesa).Charles-Étienne Lagasse, Les Nouvelles Institutions politiques de la Belgique et de l’Europe, Erasme Namur, 2003, páxs. 133-137.
Dita escisión levouse a cabo por un acordo de cooperación asinado o 30 de maio de 1993 entre o Estado federal, as tres Rexións e as Comunidades francesa e flamenga.
O nacemento oficial da provincia do Brabante Valón consagrouse o 1 de xaneiro de 1995.
Concellos (communes) do Brabante Valón A provincia está formada por un único arrondissement (distrito) —Nivelles— que inclúe 27 communes (municipios ou concellos). A capital do arrondissement é Nivelles (Nijvel, en neerlandés).
Distrito de Nivelles 300px 300px1. Beauvechain - Bevekom 2. Braine-l'Alleud - Eigenbrakel 3. Braine-le-Château - Kasteelbrakel 4. Chastre 5. Chaumont-Gistoux 6. Court-Saint-Etienne 7. Genappe - Genepiën 8. Grez-Doiceau - Graven 9. Hélécine 10. Incourt 11. Ittre - Itter 12. Jodoigne - Geldenaken 13. La Hulpe - Terhulpen 14. Lasne15. Mont-Saint-Guibert 16. Nivelles - Nijvel 17. Orp-Jauche 18. Ottignies-Louvain-la-Neuve 19. Perwez - Perwijs 20. Ramillies 21. Rebecq - Roosbeek 22. Rixensart 23. Tubize - Tubeke 24. Villers-la-Ville 25. Walhain 26. Waterloo 27. Wavre - Waver
Gobernadores 1995-2000: Valmy Féaux 2000-2007: Emmanuel Hendrickx Desde o 8 de xaneiro de 2007: Marie-José Laloy (nomeada polo Goberno Valón)
Evolución da poboación
Poboación de dereito a primeiro de xullo de cada ano:
Arrondissement01-07-2003 01-07-2004 01-07-2005 01-07-2006Nivelles358753 361418 364722 367693 -- dos cales estranxeiros Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Outros artigos Bélxica Brabante Valonia Adenet le Roi
Ligazóns externas Web oficial da provincia Paisaxes do Brabante Valón
Categoría:Valonia Bravante valon