Brandon Emmanuel Knight, nado o 2 de decembro de 1991 en Fort Lauderdale, Florida, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional.
Traxectoria Knight foi elixido na 8ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Detroit Pistons. O 9 de decembro de 2011, asinou o seu contrato polos Pistons.
O 31 de xullo de 2013, Knight foi traspasado xunto a Khris Middleton e Viacheslav Kravtsov ós Milwaukee Bucks, a cambio de Brandon Jennings.
O 19 de febreiro de 2015, foi traspasado xunto a Kendall Marshall ós Phoenix Suns, nun traspaso entre os Bucks, os Suns e os Philadelphia 76ers. Dous días despois fixo o seu debut cos Suns, acadando 13 puntos e 5 asistencias na derrota contra os Chicago Bulls por 112-107.
O 31 de agosto de 2018, Knight foi traspasado xunto a Marquese Chriss ós Houston Rockets a cambio de Ryan Anderson e De'Anthony Melton.
O 7 de febreiro de 2019, Knight foi traspasado xunto a Marquese Chriss e dúas futuras eleccións do Draft ós Cleveland Cavaliers, nun traspaso entre tres equipos que tamén mandou a Iman Shumpert, Nik Stauskas, Wade Baldwin IV e unha elección da segunda rolda do Draft de 2021 ós Houston Rockets, e a Alec Burks e unha elección da segunda rolda do Draft de 2020 ós Sacramento Kings.
O 6 de febreiro de 2020, Knight foi traspasado xunto a John Henson e unha elección da segunda rolda do Draft de 2023 ós Detroit Pistons, a cambio de Andre Drummond.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados en Miami, Florida Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Detroit Pistons Categoría:Xogadores dos Detroit Pistons Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores dos Houston Rockets Categoría:Xogadores dos Cleveland Cavaliers Categoría:Xogadores dos Dallas Mavericks