Kevin Jermaine Ollie, nado en Dallas (Texas) o 27 de decembro de 1972, é un ex xogador americano de baloncesto profesional. Xogou en once franquías da NBA en trece tempadas. Actualmente é adestrador asistente do equipo de baloncesto masculino dos UConn Huskies da Universidade de Connecticut.

Traxectoria profesional Ollie foi ao Crenshaw High School nos Ánxeles (California)"Kevin Ollie #12 Guard ." National Basketball Association. Consultado o 11 de outubro de 2008.. Despois estivo catro tempadas (1991-95) xogando para a Universidade de Connecticut. Tras rematar o seu período universitario, uniuse aos Connecticut Pride da Continental Basketball Association, onde xogou 2 dúas tempadas (1995-97). Despois diso, dende a tempada 1997-98, pasou 13 tempadas na NBA con 11 equipos diferentes (nalgún deles en varias ocasións).

Na tempada 2005-06, Ollie tivo o rol de titular nos Sixers co adestrador Maurice Cheeks. Os Minnesota Timberwolves fixeron capitán do equipo a Ollie durante a tempada 2008-09. Foi despois fichado polos Oklahoma City Thunder o 1 de agosto de 2009. Tras esa tempada, Ollie retirouse e uniuse aos UConn Huskies coma adestrador asistente.http://sports.espn.go.com/ncb/news/story?id=5348090

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com

Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Xogadores dos Dallas Mavericks Categoría:Xogadores dos Orlando Magic Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores dos New Jersey Nets Categoría:Xogadores dos Chicago Bulls Categoría:Xogadores dos Indiana Pacers Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores dos Seattle SuperSonics Categoría:Xogadores dos Oklahoma City Thunder Categoría:Xogadores dos Cleveland Cavaliers Categoría:Xogadores dos Minnesota Timberwolves Categoría:Nados en Dallas, Texas Categoría:Nados en 1972