Salamá é unha cidade de Guatemala, no departamento de Baja Verapaz. É a capital do departamento.
Localízase no val de Urrán. Nel conviven dous grupos étnicos: achi'es e ladinos.
As súas principais fontes de economía son a agricultura, crianza de gado vacún, cabalar, porcino etc Cultívase millo, fríxol, manía, tomate e cana.
A súa festa principal celébrase por San Mateo, do 17 ao 24 de setembro.
Os centros arqueolóxicos encontrados no lugar son Las Figuras, Pachalum, San Jacinto e Tzalcam. Entre os seus atractivos naturais son importantes os ríos Salamá, Chilascó, San Isidro e as Flautas. Coa unión destes dous últimos confórmase a catarata Zacualpa, de aproximadamente 220m de altura.
Categoría:Concellos de Guatemala Categoría:Cidades de Guatemala