As embriófitas ou embriófitos (Embryophyta) é un subreino pertencente ao reino Plantae, usado xeralmente para designar as plantas terrestres (non acuáticas). É o grupo de plantas que nos é máis familiar, pois inclúe árbores, musgos, fieitos e moitas outras plantas terrestres, englobando así plantas non vasculares, vasculares con semente e vasculares con flor. Considéranse plantas terrestres porque están adaptadas para a vida en terra, a pesar dalgunhas seren secundariamente acuáticas.
Unha novidade evolutiva é o embrión, o cigoto queda no interior do arquegonio, onde se produce o desenvolvemento do esporófito a partir do gametófito, e outra novidade é a presenza de arquegonio, onde se produce o gameto feminino, a oosfera.
Son organismos eucariotas multicelulares con órganos reprodutivos especializados. Na súa maioría as embriófitas obteñen a súa enerxía a través da fotosíntese, sintetizando compostos orgánicos a partir do dióxido de carbono.
Divisións Divídense entre:
Plantas non-vasculares (briófitas) - (das cales o musgo é o tipo máis coñecido). Marchantiophyta Anthocerotophyta Bryophyta - musgos
Plantas Vasculares (traqueófitos) - (con adaptacións que lles permiten estar menos dependentes da auga) Lycopodiophyta- Licopodios Equisetophyta Pteridophyta - fentos Psilotophyta Ophioglossophyta Spermatophyta - as plantas que se reproducen por semente Pteridospermatophyta Pinophyta - coníferas Cycadophyta - cicadáceas Ginkgophyta Gnetophyta Magnoliophyta - plantas con flor
Hai tamén outro sistema de clasificación: Bryophyta sensu lato Marchantiophyta (hepáticas) Anthocerotophyta (antoceros) Bryophyta sensu stricto (musgos) Tracheophyta (plantas vasculares) Pteridophyta Lycopodiophyta Euphyllophyta (plantas con "follas verdadeiras") Monilophyta Psilotopsida Equisetopsida Marattiopsida Polypodiopsida Lignophyta Spermatophyta (Plantas con sementes) Pteridospermatophyta Gymnospermae Angiospermae
Categoría:Embryophyta Categoría:Streptophyta