miniatura|dereita|300px|A aspartato transaminase de E. coli é un exemplo de transaminase, que transfire grupos amino. Unha transferase é un encima que cataliza a transferencia dun grupo funcional, por exemplo un metilo ou un grupo fosfato, dunha molécula doadora a outra aceptora. Por exemplo, unha reacción de transferencia é a seguinte:
A–X + B → A + B–X
No exemplo, A é o doador e B é o aceptor. O doador é con frecuencia un coencima.
Nomenclatura
A nomenclatura correcta, en senso estrito, para as transferases é doador: aceptor grupotransferase. Porén, adoitan empregarse os nomes tradicionais dos encimas, como aceptor grupotransferase ou doador grupotransferase; por exemplo, ADN metiltransferase, que cataliza a transferencia dun ou máis grupos metilo ao ADN, que actúa de aceptor.
Clasificación
Corresponden ao EC 2 na catalogación por medio do número EC. Divídense nas seguintes subclases: EC 2.1. Encimas que transfiren grupos dun só carbono (metiltransferases). EC 2.2. Encimas que transfiren grupos aldehido ou cetona. EC 2.3. Inclúe as aciltransferases. EC 2.4. Comprende as glicosiltransferases. EC 2.5. Encimas que transfiren grupos alquilo ou arilo. EC 2.6. Encimas que transfiren grupos con nitróxeno; (transaminases). EC 2.7. Encimas que transfiren grupo fosfato|grupos fosfato; (fosfotransferases, entre elas as polimerases e quinases). EC 2.8. Encimas que transfiren un grupo sulfurado (sulfurotransferases e sulfotransferases). EC 2.9. Encimas que transfiren gupos que conteñen selenio.
Notas EC 2 Introduction do Departmento de Química do Queen Mary - Universidade de Londres.
Categoría:Transferases