Arenys de Munt é un municipio español da provincia de Barcelona, en Cataluña, pertencente á comarca do Maresme. O centro urbano atópase a 4 km de Arenys de Mar, 10 km de Mataró e 45 km de Barcelona.

Historia Desde o seu nacemento como parroquia no século IX, Arenys de Munt foi Sant Martí d'Arenys.

Xeografía Está situado na zona interior da comarca, limitando co Vallès Oriental. Mostra un relevo moi accidentado debido á presenza das serras do Montnegre e do Corredor. A Riera d'Arenys ou Sobirans é o eixo vertebrador e da carácter ao pobo; as rieres de Sant Pol i de Caldetes tamén pasan polo municipio.

A flora que predomina son os piñeiros, castiñeiros e aciñeiras.

Demografía Conta cunha poboación de 9 278 habitantes (INE 2022).

Economía A agricultura tradicional do municipio é a viña, pero sobre todo o cultivo de cerdeiras (variedade en Roca) e das fresas do Maresme. As industrias máis importantes son a téxtil (especializada na produción de toallas) e a dedicada aos licores. Os luns ten lugar o mercado semanal.

Lugares de interese Can Borrell, masía do século XVI. Igrexa de Sant Martí d'Arenys, século XVI. Ruínas da Ermida de Sant Miquel. Colexio San Martín, obra posmodernista de Enrique Catá. Pla de les Bruixes, lugar con restos megalíticos.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Sitio web do concello Información da Generalitat de Catalunya Información do Institut d'Estadística de Catalunya