Alec Burks, nado o 20 de xullo de 1991 en Grandview, Missouri, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Miami Heat da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria O 23 de xuño de 2011, Burks foi elixido na 12ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Utah Jazz, xunto a Enes Kanter. Asinou o seu contrato cos Jazz o 9 de decembro de 2011.
O 29 de novembro de 2018, Burks foi traspasado xunto a dúas futuras eleccións do Draft ós Cleveland Cavaliers, a cambio de Kyle Korver.
O 7 de febreiro de 2019, Burks foi traspasado xunto a unha elección da segunda rolda do Draft de 2020 ós Sacramento Kings, nun traspaso entre tres equipos que tamén mandou a Brandon Knight, Marquese Chriss e dúas futuras eleccións do Draft ós Cleveland Cavaliers, e a Iman Shumpert, Nik Stauskas, Wade Baldwin IV e unha elección da segunda rolda do Draft de 2021 ós Houston Rockets.
O 6 de febreiro de 2020, Burks foi traspasado xunto a Glenn Robinson III ós Philadelphia 76ers, a cambio de tres eleccións da segunda rolda do Draft.
O 22 de novembro de 2020, Burks asinou cos New York Knicks.
O 11 de xullo de 2022, Burks foi traspasado xunto a Nerlens Noel ós Detroit Pistons a cambio dos dereitos do Draft de Nikola Radičević e unha elección da segunda rolda do Draft de 2025.
O 8 de febreiro de 2024, os Pistons traspasaron a Burks xunto a Bojan Bogdanović ós New York Knicks, a cambio de Evan Fournier, Ryan Arcidiacono, Malachi Flynn, Quentin Grimes e dúas futuras eleccións da segunda rolda do Draft.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados en Missouri Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Utah Jazz Categoría:Xogadores dos Utah Jazz Categoría:Xogadores dos Cleveland Cavaliers Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores dos Golden State Warriors Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos Detroit Pistons