Os Queensland Reds son un equipo profesional de rugby que compite no torneo Super Rugby do hemisferio sur representando ó estado de Queensland, en Australia, e que ten a súa sede na cidade de Brisbane. O equipo xoga os seus encontros como local no estadio Lang Park (chamado Suncorp Stadium por razóns de patrocinio). Na edición 2011 o equipo proclamouse campión por vez primeira dende a implantación do profesionalismo no rugby. Estadio Dende o ano 2006 os Reds xogan os seus encontros como locais no Suncorp Stadium, recinto que comparte cos Brisbane Broncos da NRL, e que ten capacidade para acoller 52.500 seareiros nas bancadas. Antes de 2006 os Reds disputaban os seus encontros oficiais no pequeno Ballymore Stadium. Na actualidade os Reds xogan encontros de pretemporada no vello estadio, así como noutros estadios de localidades de Queensland como Gold Coast e Townsville.
Xogadores Estes son os xogadores que compoñen actualmente o equipo dos Reds:
En pasadas edicións do Super Rugby, defenderon as cores de Queensland estrelas do rugby como John Eales, Chris Latham, Nathan Sharpe, Peter Slattery, Toutai Kefu, Jason Little, Tim Horan, Michael Lynagh, John Roe, Elton Flatley ou Wendell Sailor, entre moitos outros. Traxectoria A traxectoria dos Reds no Super Rugby foi de máis a menos e de menos a máis. Nas primeiras edicións do torneo, os Reds acadaron 3 veces o dereito a disputar os playoffs polo título, caendo sempre nas semifinais, en 1996, 1999 e 2001. Entre 2004 e 2009 os Reds fixeron malas tempadas, rematando sempre entre os 5 últimos clasificados da liga. Non obstante en 2010 houbo unha mellora, acadando a 5ª posición final, e na tempada 2011, co novo formato da competición, os Reds acadaron a 1ª posición final durante a tempada regular e o campionato, vencendo na final ós Crusaders. 350px|miniatura|dereita|Suncorp Stadium, fogar dos Reds. TempadaXogadosGañadosEmpatesDerrotasPUNTOSTemp.RegularPlayOffs2011161303661ºCAMPIÓN fronte ós Crusaders201013805395º20091330101913º2008133191812º20071320111114º2006134092212º2005113081710º2004115062510º200311506268º200211704345º200111605324º(caeu nas semifinais fronte ós Brumbies)200011605307º199911812361º(caeu nas semifinais fronte ós Crusaders)199811614315º1997114072010º199611902411º(caeu nas semifinais fronte ós Sharks) Antes da chegada do profesionalismo, o equipo representativo de Queensland participou en torneos semellantes ó Super Rugby, chamados Super 6 e Super 10. Nos anos 1992, 1994 e 1995 o equipo de Queensland gañou eses torneos, de xeito que o título acadado polos Reds na tempada 2011 considérase o seu 4º campionato do Hemisferio Sur.
Véxase tamén Outros artigos Super Rugby Ligazóns externas Páxina oficial dos Queensland Reds
Categoría:Equipos de rugby de Australia Categoría:Brisbane