miniatura|Fosa común. Bergen-Belsen foi un campo de concentración nazi, tamén chamado Stalag 311, situado preto de Celle (Hannover), no estado da Baixa Saxonia en Alemaña. O nome de Bergen-Belsen deuselle pola próxima vila de Belsen, que logo da segunda guerra mundial mudou o seu nome polo de Hohne.

Historia Posto en funcionamento no ano 1940, ao comezo Bergen-Belsen foi un campo de prisioneiros belgas e franceses baixo o mando da Wehrmacht. En 1941 levaron alí 20000 prisioneiros rusos. En 1943 por decisión de Heinrich Himmler foi requisado polas SS e transformado nun campo de exterminio ao levar alí 10 000 xudeus coa intención de seren cambiados por prisioneiros de guerra alemáns.

Dende 1944 ata a súa liberación en 1945, as condicións de vida no campo empeoraron terriblemente, a decisión de levar alí prisioneiros enfermos doutros campos marcou o destino dos prisioneiros de Bergen-Belsen, durante ese período de tempo sucedéronse varias epidemias que acabaron coa vida de milleiros de prisioneiros. O nomeamento de Josef Kramer (procedente de Auschwitz) como comandante do campo o 2 de setembro de 1944 empeorou aínda máis as cousas. Kramer introduciu novas medidas para aumenta-lo sufrimento dos prisioneiros: eliminou os vestixios de autoadministración xudía, privou os prisioneiros de comida durante varios días e retirou aos prisioneiros de intercambio dos seus últimos privilexios. A ración de comida foi reducida a unha cunca de sopa e a unha rabada de pan. A terrible fame deu lugar a varios casos de canibalismo. miniatura|Prisioneiros de Bergen-Belsen, exhaustos, sacando mortos do cuartel para enterralos. Liberación O 15 de abril de 1945 tropas británicas liberaron o campo tras un alto o fogo acordado polas dúas partes que non desexaban que as enfermidades se espallaran. As SS tentaron borra-las probas dos seus crimes, obrigando aos prisioneiros a enterra-los cadáveres nas fosas comúns antes de que chegaran os aliados. Pero aínda así, cando os británicos entraron atoparon uns 10 000 cadáveres aínda sen enterrar. As SS foron obrigadas a enterralos. Foron necesarios bulldozers para arrastrar os corpos ata as fosas e impedir máis epidemias.

A xente que vivía preto afirmou non saber nada do que se facía no campo e foi levada dentro para que foran testemuñas do que os nazis chamaban a Solución final.

A evacuación do campo comezou o 24 de abril pero ata mediados de maio non foi posible terminala. Trala evacuación Bergen-Belsen foi incendiado.

Véxase tamén

Outros artigos Anne Frank Ligazóns externas Bergen-Belsen Memorial

Categoría:Campos de concentración nazis Categoría:Baixa Saxonia