Rites of Spring foi unha banda estadounidense de post-hardcore formada en 1983,Rice, Barbara (1985). "Rites of Spring: From Insurrection to resurrection". Truly Needy. Issue 10: 20-23. procedente de Washington, D.C., e coñecida polas súas enerxéticas actuacións. Xunto con Embrace e Beefeater, foron un dos actos fundamentais do movemento movemento de 1985 Revolution Summer que tivo lugar dentro da escena hardcore punk de Washington, D.C.
Musicalmente, Rites of Spring incrementou a frenética violencia e a paixón visceral do hardcore ao mesmo tempo que experimentou coas súas regras de composición. En canto ás letras, tamén cambiou o hardcore por temas máis persoais, polo que tamén é considerada a primeira banda emo, aínda que os seus membros rexeitaron calquera asociación entre o grupo e a etiqueta emo.
A banda só realizou 19 concertos, 19 na área de DC e 3 fóra dela. O vocalista e guitarrista Guy Picciotto e o batería Brendan Canty pasarían a formar parte da influente e exitosa banda de post-hardcore Fugazi a finais dos 80, mentres que o baixista Mike Fellows formou Miighty Flashlight e tivo unha carreira en solitario.
Historia Aínda que as súas raíces atópanse no hardcore punk, Rites of Spring está considerada como unha das fundadoras do xénero emotional hardcore. O nome da banda foi sacado do balet sinfónico Le sacre du printemps (The Rite of Spring en inglés) de Igor Stravinskii.
Gravacións Rites of Spring foi o álbum de estrea da banda, editado no ano 1985. As súas doce cancións foron gravadas no Inner Ear Studios en febreiro de 1985, baixo a produción de Ian MacKaye de Fugazi e Minor Threat, e foi publicado en vinilo no mes de xuño dese ano polo selo Dischord Records. O traballo sería editado en CD e casete en 1987 cun tema adicional gravado nas mesmas sesións, "Other Way Around", ademais de catro cancións do EP seguinte da banda, All Through a Life. A banda separaríase en xaneiro de 1986.
Post-ruptura e influencia Picciotto, Janney e Canty formaron One Last Wish co membro de Embrace Michael Hampton.
O persoal de Rites of Spring reuniuse para formar unha case-reencarnación chamada Happy Go Licky, editando un álbum de varias gravacións ao vivo aínda que sen chegar a producir ningún traballo de estudio. A súa música era máis experimental que en Rites of Spring e fortemente inprovisada.
Picciotto e Canty finalmente uníronse ao baixista Joe Lally e ao antigo vocalista de Minor Threat, Skewbald, Egg Hunt e Embrace Ian MacKaye (que era tamén un dos donos do selo da banda, Dischord Records) en Fugazi. Mike Fellows pasou a facer traballos de múico de sesión para o selo Drag City e formou Miighty Flashlight, editando un álbum epónimo en 2002.
Picciotto non recoñece a atribución de "creador" do emo. Cando se lle preguntou nunha entrevista sobre ese tema a súa resposta foi, "Nunca recoñecín ao "emo" como un xénero musical. Sempre pensei que era o termo máis estúpido que existía. Sei que é normal que todas as badas odien o termo co que se lles etiqueta. Síntense escandalizados por iso. Pero honestamente, penso que tocas as bandas nas que toquei eran bandas de punk rock. A razón pola que penso que iso é tan estúpido é que - non eran Bad Brains emocionais? - eran robots ou algo así? Iso non ten ningún sentido para min".
Discografía Álbums de estudio Rites of Spring - 1985 (Dischord Records)
EPs All Through a Life - 1987 (Dischord Records)
Recompilatorios End on End - 1991 (Dischord Records)
Notas
Categoría:Grupos musicais de emo Categoría:Grupos musicais de post-hardcore Categoría:Grupos musicais de Washington, D.C. Categoría:Grupos musicais formados en 1984 Categoría:Artistas de Dischord Records