A é unha estrada radial que une Madrid con Lasarte-Oria, atravesando Aranda de Duero, Lerma, Burgos, Miranda de Ebro e Vitoria. Anteriormente continuaba por Donostia e finalizaba en Irún e a fronteira francesa. Con todo, en 2010, a Deputación Foral de Guipúscoa -que administra o tramo guipuscoano- decidiu renomear como o tramo entre Lasarte-Oria e o enlace coa Variante de Donostia, e renomeou tamén como o tramo entre Pasaia e Irún.

A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña). Actualmente a atópase desdobrada na totalidade dos seus tramos e foi renomeada como (Autovía do Norte) salvo en Guipúscoa, onde aínda se denomina aínda estando desdobrada na totalidade do seu trazado.

Os seguintes tramos aínda permanecen como estrada nacional como alternativa ás de pago: Burgos-Miranda de Ebro: aínda permanece como estrada nacional como alternativa á , aínda que a autoestrada está libre de peaxe para os percorridos entre Armiñón, Miranda de Ebro e Ameyugo (a condición de que a saída e entrada sexa entre estas poboacións).

Por outra banda, os tramos que atravesan poboacións agora rodeadas pola autovía manteñen a denominación ou ben foron transferidos aos concellos converténdose nunha vía urbana máis do municipio.

Véxase tamén Autovía do Norte Autoestrada do Norte Autoestrada do Cantábrico

N-01