Matthew McGrory, nado en West Chester (Pensilvania) o 17 de maio de 1973 e finado nos Ánxeles (California) o 9 de agosto de 2005, foi un actor estadounidense coñecido pola súa grande altura.

Traxectoria Estudou dereito na Universidade de Widener, onde vivía nun aloxamento universitario no primeiro piso de Howell Hall. Medrou ata os 2,29 metros.Fox News "'Big Fish' Actor Matthew McGrory Dies" As anomalías que provocaban o seu gran talle nunca foron estudadas.

Traxectoria Debido á súa grande altura, recibiu ofertas para facer de xigante no cine, en filme como Bubble Boy, Big Fish, House of 1000 Corpses e The Devil's Rejects, e en series de televisión como Malcolm in the Middle, Charmed e Carnivàle. O Libro Guinness dos Récords deulle os títulos de actor máis alto, o dedo do pé máis longo e os pés máis grandes non causados por elefantiase.

Apareceu no videoclip "Coma White" de Marilyn Manson, e en God Is In the T.V. Tamén participou nun vídeo musical de Blondie, o hit de 2003 "Good Boys". Ó momento da súa morte estaba interpretando a André Roussimoff no filme sobre a loita libre titulado Andre: Heart of the Giant.

Viviu en Sherman Oaks, California, xunto coa súa moza, Melissa. O 9 de agosto de 2005, Matthew McGrory faleceu por causas naturais, tiña 32 anos.

Filmografía Ano Título Papel Notas 2000 The Dead Hate the Living! Gaunt 2001 Bubble Boy Human Sasquatch 2002 Homes de negro II Alien alto 2003 House of 1000 Corpses Tiny Big Fish Karl o xigante 2004 Big Time Richard Blunderbore Planet of the Pitts Toto Carnivàle 2005 Constantine Demon ShadowBox Hort Willows The Devil's Rejects Tiny 2007 André: Heart of the Giant André "The Giant" Roussimoff Papel incompleto; as súas escenas foron engadidas nos créditos como tributoDarkPlace Hort Willows

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Web Oficial TheTallestman

Categoría:Actores de Pensilvania Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1973 Categoría:Nados no condado de Chester, Pensilvania Categoría:Finados en 2005