miniatura|100px|dereita|Un dos obeliscos do Templo de Luxor na Praza da Concordia de París. Un obelisco (do grego obeliskos, 'pequeno espeto', polo latín obeliscus) designa un piar labrado illado, con remate en forma de pirámide, de sección cadrada ou rectangular que se estreita na parte superior e que ten función ornamental. Os obeliscos antigos facíanse dunha única pedra (monólitos).
Obeliscos antigos Obeliscos exipcios miniatura|100px|dereita|"A Agulla de Cleopatra", na marxe do Río Támese, en Londres
Os obeliscos constituían unha parte relevante da arquitectura dos antigos exipcios, que os colocaban en pares a ambos os dous lados da entrada dos templos. O material máis habitual era o granito, pero tamén se utilizaban a cuarcita e o basalto. O remate, ou piramidión, recobríase frecuentemente de láminas de ouro. Os primeiros construíronse durante o Imperio Antigo, mais o máis antigo que se conserva é de Sesostris I, faraón da XII dinastía, en Heliópole. Sobreviven vinte e sete, máis un incompleto que fica nunha canteira de Asuán.
O obelisco simbolizaba o "outeiro primordial", o denominado benben, sobre o cal apareceu o sol por primeira vez. Este símbolo solar difundiuse por todo o Exipto desde Heliópole. Simbolizaba posteriormente o deus sol Ra e durante o breve período de reforma relixiosa de Akhenatón dicíase que era o raio petrificado de atón, o disco solar. Pensábase tamén que o deus existía dentro da estrutura.
Os obeliscos exipcios fóra de Exipto
Aos romanos marabillábanlles os obeliscos, de tal xeito que hai o duplo de obeliscos en Roma dos que fican en Exipto. Nesta cidade o máis notábel é o que se ergue na Praza de San Pedro, que mide 25 m e fora colocado no ano 37 no muro do Circo de Nerón. Para transportalo desde Exipto foi preciso construír unha embarcación xigantesca, como narra Plinio o Vello. Máis de 1.500 anos despois, Sisto V quíxoo desenterrar e erguer de novo en fronte da nova Basílica de San Pedro, para o que fixeron falta 1.000 homes, 140 carros e 47 grúas.
Herodes o Grande imitou os seus patróns romanos erguendo outro obelisco de granito exipcio no hipódromo da súa capital nova de Cesarea, no norte de Xudea. Descuberto polos arqueólogos, foi reposto no seu lugar.
En Constantinopla, o emperador Teodosio I tamén ergueu un obelisco en 390 no seu hipódromo, onde aínda se atopa.
Outros obeliscos percorreron distancias aínda máis longas. Fora do mundo romano, os máis coñecidos son os dous que se chaman Agulla de Cleoplatra en Londres e Nova York e o da Praza da Concordia de París.
Os 28 obeliscos exipcios coñecidos atópanse nas seguintes localizacións:
dereita|miniatura|225px|Punta do obelisco caído de Hatshepsut, Karnak
Exipto – oito Faraón Tuthmosis I, Templo de Karnak, Luxor Faraón Ramsés II, Templo de Luxor Faraona Hatshepsut, Templo de Karnak, Luxor Faraón Sesostris I, Heliópole, O Cairo Francia – un Faraón Ramsés II, na Praza da Concordia, París Israel – un Obelisco de Cesarea Italia – doce en Roma: Agonalis, na Piazza Navona, 16.53 m Obelisco Dogali, Faraón Ramsés II, 6,34 m Flaminio, en Piazza del Popolo, Faraón Ramsés II, 24 m Laterano, a carón do Palacio Laterano, Faraón Tuthmosis III, 32.18 m Minerveo, 5.47 m Matteiano, Faraón Ramsés II, 2.68 m Quirinale, a carón do Palacio do Quirinal, 14.63 m Solare, Faraón Psammético II, 21.79 m Vatican, na Praza de San Pedro, 25.5 m Piazza del Duomo, Catania (Sicilia) Xardíns Boboli (Florencia) Urbino Turquía – un Faraón Tuthmosis III, no Hipódromo de Constantinopla, Istanbul Reino Unido – tres Faraón Tuthmosis III, Agulla de Cleopatra, no Victoria Embankment, Londres Faraón Amenhotep II, no Museo Oriental da Universidade de Durham Faraón Ptolemy IX, Obelisco de Filé, en Wimborne, Dorset Estados Unidos – un Faraón Tuthmosis III, Agulla de Cleopatra, en Central Park, Nova York
Os romanos tamén esculpiron os seus propios obeliscos ao estilo exipcio e coñécense cinco obeliscos romanos antigos en Roma. Na Praza da República de Arles, Francia, hai un do século IV.
Asiria Os obeliscos tamén eran coñecidos para os asirios. Un deles é o Obelisco Negro do rei Shalmaneser III, do século IX a.C., actualmente no Museo Británico.
Obeliscos axumitas No Reino axumita de Etiopía erguéronse moitos obeliscos, o máis notábel dos cales é o Obelisco de Axum, de 24 m, esculpido arredor do século IV. Foi saqueado polos italianos despois da Segunda guerra italo-abisinia, levado a Roma en 1937 e colocado na Piazza di Porta Capena. En 2003 o goberno italiano decidiu devolvelo.
Obeliscos modernos Desde o Renacemento, o obelisco converteuse nunha forma arquitectónica habitual, especialmente funeraria, e pódense achar obeliscos por todo o mundo. Son moi frecuentes, por exemplo, nos cemiterios norteamericanos.
Destacan os seguintes:
O Monumento de Bunker Hill, en Charlestown, Massachusetts, ao lado de Bostón. Construído entre 1827 e 1843, foi o primeiro obelisco público monumental erguido nos Estados Unidos. O Monumento a Washington, en Washington DC, Estados Unidos. Construído entre 1848 e 1888, é o máis alto do mundo, con 169,29 m. O do Foro Itálico, en Roma, erguido en 1932 na honra de Mussolini. O Obelisco de Buenos Aires, na Arxentina
Na literatura O nome do personaxe Obélix da banda deseñada Astérix deriva da palabra obelisco e el mesmo traballa nunha canteira de menhires. Porén, o seu nome deriva do símbolo de puntuación tipográfica daga, coñecido tamén como obelisco, da mesma maneira que o nome de Asterix deriva de asterisco.
Galería de imaxes Vexa o artigo principal na Galería de imaxes de obeliscos de Galicia
Ligazóns externas Obeliscos do mundo (en inglés)
Categoría:Símbolos do Antigo Exipto Categoría:Arquitectura do Antigo Exipto Categoría:Monumentos