Travis Lyle Diener, nado o 1 de marzo de 1982 en Fond du Lac, Wisconsin, é un xogador americano de baloncesto profesional que actualmente é axente libre.

Traxectoria profesional Tras xogar na Universidade de Marquette, foi elixido na 38ª posición do Draft da NBA de 2005 polos Orlando Magic.

Diener fixo o seu debut na NBA o 2 de decembro de 2005, xogando 12 puntos e anotando 3 puntos na derrota contra os Memphis Grizzlies.

O 19 de xuño de 2007, os Indiana Pacers ficharon a Diener coma axente libre por tres anos, cun contrato por valor de 14.86 millóns de dólares.

O 6 de xullo de 2009, Diener exerceu a súa opción para permanecer nos Pacers na tempada 2009-10. Foi despedido por Indiana e asinou polos Portland Trail Blazers en marzo de 2010.

En 2010 asinou polos Dinamo Basket Sassari da Lega Basket Serie A de Italia.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com

Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Orlando Magic Categoría:Xogadores dos Orlando Magic Categoría:Xogadores dos Indiana Pacers Categoría:Xogadores dos Portland Trail Blazers Categoría:Nados en Wisconsin Categoría:Nados en 1982