A edición 1991-92 da Copa de Europa de fútbol organizada pola UEFA foi a 37ª e derradeira na que se empregou ese nome. A partir da seguinte tempada esta competición comezou a chamarse Liga de Campións da UEFA, aínda que foi nesta edición e non na seguinte na que o formato pasou de ser totalmente de eliminatorias para ser en forma de grupos e liguiñas. O torneo se disputou entre outubro de 1991 e maio de 1992, coa participación de 32 equipos, representando ás súas 32 federacións nacionais.

Nesta edición da Copa de Europa o FC Barcelona acadou a súa 3ª presenza nunha final da máxima competición europea de clubs, enfrontándose nela ó equipo italiano da UC Sampdoria de Xénova, no antigo Estadio de Wembley en Londres, rematando o encontro coa vitoria culé por un gol a cero, gol que marcou o defensa holandés Ronald Koeman de falta directa no minuto 111 do encontro.

Como dato de interese, a participación do Arsenal FC neste torneo supuxo a volta dos equipos ingleses ás competicións europeas despois da sanción de varios anos que lles impuxo a UEFA trala traxedia de Heysel.

Dezaseisavos de final Equipo Local IdaResultadoEquipo Visitante IdaIdaVoltaBesiktas JK 2 - 3 PSV Eindhoven 1 - 1 1 - 2 R.S.C. Anderlecht 4 - 1 Grasshopper-Club 1 - 1 3 - 0Fram Reykjavík     2 - 2(v) Panathinaikos FC 2 - 2 0 - 0IFK Göteborg (v)1 - 1     KS Flamurtari 0 - 0 1 - 1Budapest Honvéd FC 3 - 1 Dundalk FC 1 - 1 2 - 0UC Sampdoria 7 - 1 Rosenborg BK 5 - 0 2 - 1Estrela Vermella 8 - 0 Portadown F.C. 4 - 0 4 - 0CS Universitatea Craiova 2 - 3 Apollon Limassol 2 - 0 0 - 3HJK Helsinki 0 - 4 FK Dynamo Kyiv0 - 1 0 - 3Brøndby IF 4 - 2 Zaglebie Lubin 3 - 0 1 - 2Hamrun Spartans   0 - 10 SL Benfica 0 - 6 0 - 4Arsenal FC 6 - 2 FK Austria Viena 6 - 1 0 - 1FC Barcelona 3 - 1 FC Hansa Rostock 3 - 0 0 - 1FC Kaiserslautern 3 - 1 FC Etar 2 - 0 1 - 1US Luxembourg   0 - 10 Olympique de Marseille 0 - 5 0 - 5AC Sparta Praha (v)2 - 2     Glasgow Rangers 1 - 0 1 - 2

Oitavos de final Equipo Local IdaResultadoEquipo Visitante IdaIdaVoltaPSV Eindhoven 0 - 2 R.S.C. Anderlecht 0 - 0 0 - 2Panathinaikos FC 4 - 2 IFK Göteborg 2 - 0 2 - 2 Budapest Honvéd FC 3 - 4 UC Sampdoria 2 - 1 1 - 3Estrela Vermella 5 - 1 Apollon Limassol 3 - 1 2 - 0 FK Dynamo Kyiv 2 - 1 Brøndby IF 1 - 1 1 - 0SL Benfica 4 - 2 Arsenal FC 1 - 1 (pr)3 - 1     FC Barcelona (v)3 - 3     FC Kaiserslautern2 - 0 1 - 3Olympique de Marseille     4 - 4(v) AC Sparta Praha 3 - 2 1 - 2

Grupos de cuartos de final Grupo A Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif1. UC Sampdoria86321105+52. Estrela Vermella66303910-13. RSC Anderlecht6622289-14. Panathinaikos FC4604214-3

Xor.DataEstadioLocalVisitanteResultado1 27 de novembro Constant Vanden Stock RSC Anderlecht Panathinaikos 0-01 27 de novembro Luigi Ferraris UC Sampdoria Estrela Vermella 2–02 11 de decembro Apostolos Nikolaidis Panathinaikos UC Sampdoria 0-02 12 de decembro Stadion Ülloi ÚtO Estrela Vermella disputou tódolos seus encontros europeos da tempada como local lonxe do seu estadio por mor da Guerra dos Balcáns acontecida no seu país. Estrela Vermella RSC Anderlecht 3–23 4 de marzo Constant Vanden Stock RSC Anderlecht UC Sampdoria 3–23 4 de marzo Apostolos Nikolaidis Panathinaikos Estrela Vermella 0-24 18 de marzo Luigi Ferraris UC Sampdoria RSC Anderlecht 2-04 18 de marzo Balgarska Armiya Estrela Vermella Panathinaikos 1-05 1 de abril Apostolos Nikolaidis Panathinaikos RSC Anderlecht 0–05 1 de abril Balgarska Armiya Estrela Vermella UC Sampdoria 1-36 15 de abril Constant Vanden Stock RSC Anderlecht Estrela Vermella 3-26 15 de abril Luigi Ferraris UC Sampdoria Panathinaikos 1-1

Grupo B Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif1. FC Barcelona96411104+62. AC Sparta Praga662227703. SL Benfica5613285+34. FK Dynamo Kyiv46204312-9

Xor.DataEstadioLocalVisitanteResultado1 27 de novembro Estadio Republicano FK Dynamo Kyiv SL Benfica 1-01 27 de novembro Camp Nou FC Barcelona AC Sparta Praha 3–22 11 de decembro Estádio da Luz SL Benfica FC Barcelona 0-02 11 de decembro Letná Stadium AC Sparta Praha FK Dynamo Kyiv 2–13 4 de marzo Estadio Republicano FK Dynamo Kyiv FC Barcelona 0–23 4 de marzo Estádio da Luz SL Benfica AC Sparta Praha 1-14 18 de marzo Camp Nou FC Barcelona FK Dynamo Kyiv 3-04 18 de marzo Letná Stadium AC Sparta Praha SL Benfica 1-15 1 de abril Estádio da Luz SL Benfica FK Dynamo Kyiv 5–05 1 de abril Letná Stadium AC Sparta Praha FC Barcelona 1-06 15 de abril Estadio Republicano FK Dynamo Kyiv AC Sparta Praha 1-06 15 de abril Camp Nou FC Barcelona SL Benfica 2-1

Final

A final da Copa de Europa na súa edición 1991-92 disputouse o 20 de maio de 1992 no antigo Estadio de Wembley, ao cal acudiron 70.827 persoas. Era a 5ª vez que este recinto acollía este evento, tralas finais dos anos 1963, 1968, 1971 e 1978.

3500px|miniatura|esquerda|Antigo estadio de Wembley.

A esta final chegaron o FC Barcelona e o UC Sampdoria. O conxunto catalán chegaba á súa 3ª final, en tanto que o equipo italiano debutaba nunha máxima final continental. Non obstante, nin uns nin outros tiñan este trofeo no seu palmarés, de xeito que nesta final nacería un campión inédito.

Os adestradores dos dous equipos tiñan unha experiencia desigual. Johan Cruyff, adestrador do FC Barcelona, xa gañara a Copa de Europa 3 veces como xogador do Ajax de Amsterdam en 1971, 1972 e 1973, e como adestrador tiña no seu palmarés as Recopas de Europa dos anos 1987 (adestrando ó Ajax de Amsterdam) e 1989 (adestrando ó FC Barcelona). Pola súa banda, Vujadin Boškov, adestrador da UC Sampdoria, viña de perder a final da Copa de Europa de 1981 como adestrador do Real Madrid, e a final da Recopa de Europa en 1989 precisamente fronte ó FC Barcelona de Johan Cruyff.

O elixido para arbitrar esta final da Copa de Europa foi o alemán Aron Schmidhuber.

O FC Barcelona chegaba á final despois de eliminar ao equipo xermano oriental do Hansa Rostock en dezaseisavos de final, ao FC Kaiserslautern en oitavos de final, e de superar a Sparta Praga, SL Benfica e FK Dynamo Kyiv no Grupo B. Pola súa banda, a UC Sampdoria eliminou o Rosenborg BK noruegués en dezaseisavos de final, ao Honved FC húngaro en oitavos de final, e superou a Estrela Vermella, RSC Anderlecht e Panathinaikos FC no Grupo A.

O encontro non foi dominado por ningún dos dous equipos, e chegou ó minuto 90 con táboas no marcador, 0-0. No minuto 111 Eusebio Sacristán recibiu unha falta preto da área italiana. O xogador holandés Ronald Koeman lanzou a falta con forza e o balón entrou polo pau do porteiro. O encontro rematou co resultado final de FC Barcelona 1 - 0 UC Sampdoria.

Con esta vitoria o FC Barcelona acadou a 1ª Copa de Europa da súa historia. Co paso dos anos, aquel equipo foi chamado o Dream Team.

Máximos goleadores XogadorEquipoGoles Hristo Stoichkov FC Barcelona 4 César Gonçalves Brito SL Benfica 4 Darko Pancev Estrela Vermella 4 A UEFA considera os goles que foron marcados a partir da primeira fase de grupos, e non os das fases anteriores.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Liga de Campións da UEFA UEFA FC Barcelona UC Sampdoria

Ligazóns externas UEFA Champions League, sitio web oficial Artigo publicado en Marca.com recordando a final de 1992.

Categoría:Futbol Club Barcelona Categoría:Fútbol en 1992 Categoría:Liga de Campións da UEFA