A tempada 1993-94 da Liga de Campións da UEFA foi a 2ª edición da Liga de Campións da UEFA e a 39ª edición da máxima competición continental de fútbol organizada pola UEFA. O torneo disputouse entre outubro de 1993 e maio de 1994, e nel competiron 42 equipos, todos eles campións das súas ligas menos o AS Mónaco, que participou como substituto do Olympique de Marsella, o defensor deste título, que foi sancionado por corrupción, e mesmo descendido de categoría no campionato francés de liga.

Nesta edición da Liga de Campións da UEFA o FC Barcelona acadou a súa 4ª presenza nunha final da máxima competición europea de clubs, enfrontándose nela ó equipo italiano do AC Milán, no Estadio Spiros Louis de Atenas.

Rolda Previa

Equipo Local IdaResultadoEquipo Visitante IdaIdaVoltaB68 Toftir   0 - 11 NK Dinamo Zagreb0 - 5 0 - 6Zimbru Chişinău 1 - 3 Beitar Jerusalem 1 - 1 0 - 2Skonto Riga (p)1 - 1     Olimpija Ljubljana 0 - 1 1 - 0Cwmbran Town     4 - 4(v) Cork City FC 3 - 2 1 - 2Avenir Beggen 0 - 3 Rosenborg 0 - 2 0 - 1HJK Helsinki 2 - 1 FC Norma Tallinn 1 - 1 1 - 0Dinamo Tbilisi     3 - 2O Dinamo Tbilisi foi descalificado da competición. Linfield FC 2 - 1 1 - 1AC Omonia Nicosia 2 - 3 FC Aarau 2 - 1 0 - 2FK Ekranas 0 - 2 Floriana FC 0 - 1 0 - 1Partizan Tirana 0 - 3 ÍA Akranes 0 - 0 0 - 3

Dezaseisavos de final

Participaron un total de 32 equipos, 22 deles clasificados directamente e 10 a través da eliminatoria previa.

Equipo Local IdaResultadoEquipo Visitante IdaIdaVoltaAS Monaco FC 2 - 1 AEK Atenas 1 - 0 1 - 1Steaua Bucarest (v)4 - 4     NK Dinamo Zagreb 1 - 2 3 - 2Lech Poznań 7 - 2 Beitar Jerusalem 3 - 0 4 - 2Skonto Riga 0 - 9 Spartak Moscova 0 - 5 0 - 4Budapest Honvéd FC 3 - 5 Manchester United FC2 - 3 1 - 2Galatasaray SK 3 - 1 Cork City FC 2 - 1 1 - 0Dinamo de Kíiv 4 - 5 FC Barcelona 3 - 1 1 - 4Rosenborg 4 - 5 FK Austria Viena 3 - 1 1 - 4AIK Solna 1 - 2 AC Sparta Praha 1 - 0 0 - 2HJK Helsinki 0 - 6 RSC Anderlecht 0 - 3 0 - 3Linfield FC 3 - 4 FC Copenhague 3 - 0      0 - 4(pr)FC Aarau 0 - 1 AC Milan 0 - 1 0 - 0FC Porto 2 - 0 Floriana FC 2 - 0 0 - 0ÍA Akranes 1 - 3 Feyenoord Rotterdam 1 - 0 0 - 3Glasgow Rangers     4 - 4(v) Levski Sofía 3 - 2 1 - 2 Werder Bremen 6 - 3 FC Dynamo Minsk 5 - 2 1 - 1

Oitavos de final

Equipo Local IdaResultadoEquipo Visitante IdaIdaVoltaAS Monaco FC 4 - 2 Steaua Bucarest 4 - 1 0 - 1 Lech Poznań 2 - 7 Spartak Moscova 1 - 5 1 - 2Manchester United FC     3 - 3(v) Galatasaray SK 3 - 3 0 - 0FC Barcelona 5 - 1 FK Austria Viena 3 - 0 2 - 1AC Sparta Praha 2 - 5 R.S.C. Anderlecht 0 - 1 2 - 4FC Copenhague 0 - 7 AC Milan 0 - 6 0 - 1FC Porto 1 - 0 Feyenoord Rotterdam 1 - 0 0 - 0 Levski Sofía 2 - 3 Werder Bremen 2 - 2 0 - 1

Fase de Grupos Participaron un total de 8 equipos, os gañadores das eliminatorias de oitavos de final. Os dous primeiros clasificados de cada grupo clasificáronse para disputar as semifinais da Liga de Campións.

Grupo A Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif1. FC Barcelona106420133+102. AS Monaco FC7631294+53. Spartak Moscova56132612-64. Galatasaray SK26024110-9

Xor.DataEstadioLocalVisitanteResultado1 24 de novembro Stade Louis II AS Monaco FC Spartak Moscova 4-11 24 de novembro Ali Sami Yen Galatasaray SK FC Barcelona 0-02 8 de decembro Luzhniki Spartak Moscova Galatasaray SK 0-02 8 de decembro Camp Nou FC Barcelona AS Monaco FC 2-03 2 de marzo Stade Louis II AS Monaco FC Galatasaray SK 3-03 2 de marzo Luzhniki Spartak Moscova FC Barcelona 2-24 16 de marzo Ali Sami Yen Galatasaray SK AS Monaco FC 0-24 16 de marzo Camp Nou FC Barcelona Spartak Moscova 5-15 30 de marzo Luzhniki Spartak Moscova AS Monaco FC 0-05 30 de marzo Camp Nou FC Barcelona Galatasaray SK 3-06 13 de abril Stade Louis II AS Monaco FC FC Barcelona 0-16 13 de abril Ali Sami Yen Galatasaray SK Spartak Moscova 1-2

Grupo B Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif1. AC Milan8624062+42. FC Porto76312106+43. Werder Bremen562131115-44. RSC Anderlecht4612359-4

Xor.DataEstadioLocalVisitanteResultado1 24 de novembro Constant Vanden Stock RSC Anderlecht AC Milan 0-01 24 de novembro Das Antas FC Porto Werder Bremen 3-22 8 de decembro San Siro AC Milan FC Porto 3-02 8 de decembro Weserstadion Werder Bremen RSC Anderlecht 5-33 2 de marzo Constant Vanden Stock RSC Anderlecht FC Porto 1-03 2 de marzo San Siro AC Milan Werder Bremen 2-14 16 de marzo Das Antas FC Porto RSC Anderlecht 2-04 16 de marzo Weserstadion Werder Bremen AC Milan 1-15 30 de marzo San Siro AC Milan RSC Anderlecht 0-05 30 de marzo Weserstadion Werder Bremen FC Porto 0-56 13 de abril Constant Vanden Stock RSC Anderlecht Werder Bremen 1-26 13 de abril Das Antas FC Porto AC Milan 0-0

Fase final

Os catro equipos clasificados disputaron as semifinais a partido único para decidi-los dous equipos clasificados para a final de Atenas. Esta mesma eliminatoria enfrontou ó primeiro clasificado do grupo A co segundo do grupo B e viceversa, xogándose nos estadios dos primeiros de cadanseu grupo.

 SemifinaisFinal             AC Milán  3     AS Mónaco  0         AC Milán 4     FC Barcelona 0      FC Barcelona  3    FC Porto  0 

Final A final da Liga de Campións da UEFA na súa edición 1993-94 disputouse o 18 de maio de 1994 no hoxe Estadio Spiros Louis de Atenas (hoxe reconstruído e chamado Estadio Olímpico de Atenas), diante dunhas 70.000. Era a 2ª vez que este recinto acollía este evento, trala final do ano 1983.

A esta final chegaron o FC Barcelona e o AC Milán, por aquel entón recoñecidos como os dous conxuntos mais potentes do continente. Para o FC Barcelona era a 4ª presenza nunha final da máxima competición europea, cun título no seu palmarés, mentres para o AC Milán aquela era a súa 7ª presenza e xa tiña 4 títulos no seu palmarés. De feito o AC Milán era o subcampión europeo trala derrota na final de 1993.

Os adestradores dos dous equipos eran Fabio Capello e Johan Cruyff.

O elixido para arbitrar esta final da Liga de Campións foi o inglés Philip Don.

O FC Barcelona chegaba á final despois de eliminar o Dinamo de Kíiv en dezaseisavos de final, ó Austria Viena en oitavos de final, de superar ó AS Mónaco, ó Spartak de Moscova e ó Galatasaray SK no grupo A, e despois de eliminar o FC Porto na semifinal por 3 a 0. Pola súa banda, o AC Milán tivo que eliminar o FC Aarau en dezaseisavos de final, ó F.C. København en oitavos de final, de superar ó FC Porto, Werder Bremen e RSC Anderlecht no grupo B, e despois de eliminar o AS Mónaco na súa semifinal por 3 a 0.

O FC Barcelona presentouse en Atenas como favorito para acadar a súa 2º título de campión de Europa. O AC Milán chegaba sen Marco van Basten por unha lesión, ó igual que Gianluigi Lentini, e sen Franco Baresi nin Alessandro Costacurta por sancións. Por outra banda, a limitación de estranxeiros da UEFA obrigou a Johan Cruyff e Fabio Capello a deixar fora a Michael Laudrup e Jean Pierre Papin respectivamente.

O encontro foi totalmente rossonero. Daniele Massaro abriu o marcador no minuto 22 a prol do AC Milán, e marcou o segundo gol no tempo engadido da primeira metade. Na segunda metade o AC Milán marcou outros dous goles, por medio de Dejan Savićević (minuto 47) e Marcel Desailly (minuto 59), deixando un 4-0 no marcador a 30 minutos do final do encontro, que foron estériles.

Este triunfo supuxo a 5ª Copa de Europa da historia do AC Milán.

Máximos goleadores XogadorEquipoGoles Hristo Stoichkov FC Barcelona 5 Ronald Koeman FC Barcelona 4 Wynton Rufer Werder Bremen 4 Daniele Massaro AC Milan 4 A UEFA tan só considera os goles marcados a partir da primeira fase de grupos, e non os das fases clasificatorias.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Liga de Campións da UEFA UEFA AC Milán FC Barcelona

Categoría:Futbol Club Barcelona Categoría:Fútbol en 1994 Categoría:Liga de Campións da UEFA