miniatura|dereita|Murdoch en 2011. Keith Rupert Murdoch, nado o 11 de marzo de 1931 en Melbourne, é un magnate australiano nacionalizado estadounidense, director e principal accionista de News Corporation (que engloba por exemplo os xornais The Sun e The Times ou os conglomerados de cadeas vía satélite Fox e Sky), a corporación de medios de comunicación máis grande e influente do mundo. Murdoch destaca polas súas tendencias políticas conservadoras. Segundo Forbes, é a 13ª persoa máis poderosa do mundo (2010) e a 117ª máis rica.
En Australia é dono do xornal "The Australian". Deu apoio político a Tony Blair, ex-primeiro ministro do Reino Unido. Anteriormente apoiou a Margaret Thatcher. A súa cadea satélite Fox foi o tema dun documental titulado en inglés "Outfoxed". O expresidente español José María Aznar figura como asesor no consello de administración de News Corp.
Véxase tamén Ligazóns externas Ketupa.net - Media Profiles: Rupert Murdoch
Categoría:Empresarios dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1931 Categoría:Nados en Melbourne Categoría:Empresarios dos medios de comunicación Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa