The Little Mermaid II: Return to the Sea é un filme de animación de Disney dirixido por Jim Kammerud e Brian Smith que se estreou no 2000.

Sinopse Ariel e o Príncipe Eric viven felices dende que por fin conseguiron casar, superando tódolos obstáculos ós que se enfrontaron, e ambos son pais dunha preciosa nena, Melody. Agora que a malvada Úrsula xa non existe, a vida sorrí a Ariel e ó resto da familia. Porén, a chegada da irmá de Úrsula, Morgana, pon en perigo o futuro da pequena. Para protexer á súa filla, Ariel e Eric deciden non lle falar do pasado de Ariel como serea, e erguen unha enorme muralla para manter o castelo illado do mar.

Personaxes Jodi Benson como Ariel Tara Strong como Melody Samuel E. Wright como Sebastian Pat Carroll como Morgana Rob Paulsen como Príncipe Eric Kenneth Mars como Rei Tritón Cam Clarke como Flounder Buddy Hackett como Scuttle Clancy Brown como Undertow Max Casella como Tip Stephen Furst como Dash Rene Auberjonois como Louis o Chef Edie McClurg como Carlotta Kay E. Kuter como Grimsby Tress MacNeille como Nai do pingüino e bebé Frank Welker como Max, o can ovelleiro

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity

Categoría:Filmes de 2000 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América