Applications Technology Satellite 1 ou ATS 1 foi un satélite artificial dos Estados Unidos adicado a probar novas tecnoloxías e lanzado o 7 de decembro de 1966 mediante un foguete Atlas-Agena D desde o Centro Espacial Kennedy, en Florida, Estados Unidos.

Características ATS-1 probou diferentes tecnoloxías:

Probou novos conceptos en deseño de satélites, propulsión e estabilización. Tomou imaxes de alta calidade da cuberta nubosa e enviou datos meteorolóxicos procesados a través doutro satélite. Proporcionou medidas in situ do contorno aeroespacial. Probou sistemas de comunicación mellorados.

O satélite estabilizábase mediante xiro e tiña unha estrutura de aluminio recuberta de células solares que producían 180 vatios de potencia. Usaba baterías de níquel-cadmio cunha capacidade de 12 amperios-hora, un sistema de mantemento da posición que usaba hidracina, dous sensores solares e dous acelerómetros. A carga útil incluía detectores de ións, espectrómetros, unha cámara, un experimento de comunicacións en banda C (usado para emisións internacionais de televisión) e un sistema de comunicacións mediante VHF.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Applications Technology Satellite 2 Applications Technology Satellite 3 Applications Technology Satellite 4 Applications Technology Satellite 5 Applications Technology Satellite 6

Categoría:Satélites artificiais dos Estados Unidos de América