Nikola Mirotić (en cirílico: Никола Миротић), nado en Titogrado (Montenegro, daquela pertencente á RFS Iugoslavia) o 11 de febreiro de 1991, é un xogador montenegrino de baloncesto profesional que xoga no Olimpia Milano da Lega Basket Serie A.

Traxectoria Mirotić comezou a súa carreira coma profesional no Real Madrid da Liga ACB. En 2011, asinou unha extensión de contrato por 5 anos co Real Madrid.Euroleague.net Real Madrid extends Mirotic through 2016.

O 23 de xuño de 2011, Mirotić foi seleccionado na 23ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Houston Rockets. Os seus dereitos foron traspasados aos Minnesota Timberwolves, e despois foron traspasados outra vez aos Chicago Bulls.

O 13 de xullo de 2014, anunciou a súa incorporación ós Chicago Bulls para a tempada 2014-15. O 18 de xullo de 2014, asinou oficialmente o seu contrato de tres anos cos Bulls.

O 1 de febreiro de 2018, Mirotić foi traspasado xunto a unha elección da segunda rolda do Draft de 2018 ós New Orleans Pelicans, a cambio de Ömer Aşık, Tony Allen, Jameer Nelson, unha elección da primeira rolda do Draft de 2018, e a opción de intercambiar eleccións de segunda rolda do Draft de 2021 cos Pelicans. Dous días máis tarde fixo o seu debut cos Pelicans, facendo 18 puntos na derrota por 118-107 contra os Minnesota Timberwolves.

O 7 de febreiro de 2019, Mirotić foi traspasado ós Milwaukee Bucks nun traspaso entre tres equipos que tamén mandou a Thon Maker ós Detroit Pistons, e a Jason Smith, Stanley Johnson e catro futuras eleccións da segunda rolda do Draft ós New Orleans Pelicans.Bucks land sharpshooter Mirotic from Pelicans

O 6 de xullo de 2019 fíxose oficial a súa fichaxe polo FC Barcelona da Liga ACB.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en ACB.com Perfil en NBA.com Estatísticas en BasketballReference.com Perfil en Euroleague.net

Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados en Podgorica Categoría:Xogadores de baloncesto de Montenegro Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos de España Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Houston Rockets Categoría:Xogadores do Real Madrid Baloncesto Categoría:Xogadores do CD Maristas Palencia Categoría:Xogadores dos Chicago Bulls Categoría:Xogadores dos New Orleans Pelicans Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores do FC Barcelona Bàsquet Categoría:Xogadores do Olimpia Milano Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Medallistas olímpicos de bronce por España Categoría:Medallistas olímpicos en baloncesto