José María Olazabal Manterola, coñecido tamén como Txema Olazabal, nado en Hondarribia o 5 de febreiro de 1966 é un golfista vasco e un dos principais golfistas europeos das últimas dúas décadas.

Traxectoria No seu palmarés inclúense dúas chaquetas verdes ao vencer no Masters de Augusta nas edicións de 1994 e 1999. Ademais participou en 7 ocasións na Ryder Cup (1987, 1989, 1991, 1993, 1997, 1999 e 2006), gañando catro delas co combinado europeo (1987, 1989, 1997 e 2006), sendo un dos compoñentes máis destacados do equipo ao longo da súa historia, tanto polo número de participacións como no número e porcentaxe de puntos obtidos.

Véxase tamén Ligazóns externas Profile on the PGA Tour's official site

Categoría:Golfistas de España Categoría:Premios Princesa de Asturias dos Deportes Categoría:Nados en 1966 Categoría:Nados en Hondarribia Categoría:Medalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo