Rainbow Sun Francks, nado o 3 de decembro de 1979 en Toronto, Ontario, é un actor e cantante canadense.
Traxectoria É fillo do tamén actor e músico Don Francks e de Lili Francks, unha bailarina descendente dos cree das Primeiras Nacións. Tamén é o irmán de Cree Summer.
Durante un tempo foi unha personalidade en MuchMusic, unha canle de televisión canadense de música e variedades. O pulo como actor chegoulle da man da serie de televisión Stargate Atlantis, onde protagonizou a primeira tempada como o Tenente da Mariña dos Estados Unidos Aiden Ford. O seu personaxe foi minguando en aparicións ata ficar como personaxe recorrente a partir da segunda tempada.
No ámbito musical, é produtor do grupo de hip hop coñecido como The Oddities.
Filmografía Actor Ano Filme Personaxe Notas 1995 Black Fox: The Price of Peace como Frank Johnson Black Fox: Good Men and Bad como Frank Johnson 1997 The Planet of Junior Brown como Buddy Clark 1999 One Heart Broken Into Song como Hank Johnson 2000 Love Come Down como Julian Love Song como Calvin Dumas 2001 Twice in a Lifetime como Jimmy 2003 Electric Circus Convidado (2002–2003) 2004 Preview to Atlantis como Aiden Ford From Stargate to Atlantis: Sci Fi Lowdown como Aiden Ford Stargate Atlantis como Aiden Ford 2006 This Space for Rent como Barnaby Sharpe 2007 Aliens vs. Predator: Requiem como Earl 2011 The Listener como Dev Clark
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Rainbow Sun Francks's Blog Entrevista en www.gateworld.net The Oddities en MySpace
Categoría:Actores de televisión do Canadá Categoría:Actores de cinema do Canadá Categoría:Actores do Canadá Categoría:Pobo cree Categoría:Actores nativos americanos Categoría:Nados en 1979 Categoría:Nados en Toronto