José Luis Rey Pousada, nado na Coruña o 23 de novembro de 1953, é un exfutbolista galego, que xogaba de dianteiro.
Traxectoria Na tempada 1979–80 xogou en Segunda División no Deportivo da Coruña, participando en 34 partidos e anotando 3 goles, pero non podendo evitar o descenso do club coruñés a Terceira División. Na tempada 1980–81 foi contratado polo Levante UD, club no que permaneceu unha tempada, xogando na campaña 1981–82 no Linares CF.
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com
Categoría:Nados na Coruña Categoría:Futbolistas da Coruña Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do CD Ourense Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Levante UD Categoría:Xogadores do Linares CF Categoría:Xogadores do CD Lugo