Lilo & Stitch é un filme de animación de Disney escrito e dirixido por Chris Sanders e Dean DeBlois que se estreou no 2002. Debido ó éxito do filme, a historia continuou na serie de televisión, Lilo & Stitch: The Series e tivo unha secuela, Stitch! The Movie, (2003). A segunda secuela directa a DVD foi Lilo & Stitch 2: Stitch Has a Glitch, (2005). Unha terceira secuela, Leroy & Stitch, foi realizada no 2007 como conclusión para a serie de televisión.

Sinopse Lilo, unha nena hawaiana que se sente soa, decide adoptar un "can" moi feo ó que chama Stitch, que podería ser a compaña perfecta senón fose en realidade o froito dun experimento xenético que escapou dun planeta alieníxena e aterrou na Terra por casualidade. Co seu amor e a súa inquebrantable fe no "ohana" (o concepto hawaiano da familia), Lilo remata conquistando o corazón de Stitch e ofrécelle algo que o orixinal cadelo nunca pensou ter: un fogar.

Personaxes Daveigh Chase como Lilo Pelekai Chris Sanders como Stitch Tia Carrere como Nani Pelekai David Ogden Stiers como Jumba Jookiba Kevin McDonald como Pleakley Ving Rhames como Cobra Bubbles Zoe Caldwell como Grand Councilwoman Jason Scott Lee como David Kawena Kevin Michael Richardson como Gantu

Galardóns e nomeamentos 2002: Nomeado ó Oscar ó mellor filme de animación.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity Web Oficial

Categoría:Cinema de animación Categoría:Filmes de 2002 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Dean DeBlois Categoría:Filmes de Walt Disney Pictures Categoría:Filmes sobre animais Categoría:Filmes sobre orfos Categoría:Filmes sobre surf Categoría:Filmes sobre extraterrestres Categoría:Filmes ambientados en Hawai