200px|miniatura|Agricultura de secaño na provincia de Granada (España) 200px|miniatura|Campos en Palouse (Estados Unidos) A agricultura de secaño ou agricultura de sequeiro é aquela na que o ser humano non contribúe con auga, senón que utiliza unicamente a que provén da choiva directamente sobre os cultivos.
Historia e evolución É a máis próxima á simple recolección, e posiblemente é o primeiro tipo de agricultura que existiu. Inicialmente era a única que podía facerse sen grandes infraestruturas, e chegou ata a actualidade, aínda que moi evolucionada tecnicamente.
Actualmente, aínda que non haxa achega de auga, utilízanse fertilizantes e outros agroquímicos (herbicidas, funxicidas etc) e tamén maquinaria moi evolucionada e adaptada a cada tipo de cultivo.
Cultivos de secaño Algúns cultivos de secaño típicos do Mediterráneo son: Cereais: orxo, trigo, avea, centeo. Legumes: garavanzos, chícharos, fabas. Árbores froiteiras: amendoeira, albaricoqueiro, oliveira. Outras árbores: alfarrobeira. Videira. Hortícolas: cebolas, melóns, tomates.
A triloxía mediterránea baséase precisamente no cultivo de trigo, oliveiras e vide.
Véxase tamén Agricultura
Categoría:Agricultura