Damiano Cunego, nado o 19 de setembro de 1981 en Cerro Veronese, preto de Verona, é un ciclista italiano, profesional dende 2002.

A súa especialidade son as etapas de montaña e as carreiras clásicas dun día, aínda que adoita loitar polos postos de honra nas carreiras de 1 ou 3 semanas nas que participa. Ten gañado o Giro da Lombardía 3 veces e a Amstel Gold Race 1 vez entre outras vitorias salientables. En 2004 acadou a vitoria no Giro de Italia con só 22 anos, e en 2008 foi medalla de prata no Campionato do Mundo de ciclismo en ruta. Participacións nas Grandes Voltas Carreira200320042005200620072008200920102011Giro de Italia34º1º18º4º5º-19º11º-Tour de Francia---11º-Ab.-29º7ºVuelta a España-16º--Ab.Ab.Ab.- -: non participou Ab.: abandono

Equipos Saeco (2002-2004) Lampre (2005-2010) Lampre-Caffita (2005) Lampre-Fondital (2006-2007) Lampre (2008) Lampre-N.G.C. (2009) Lampre-Farnese Vini (2010) Lampre-ISD (2011)

Véxase tamén Outros artigos Giro de Italia Tour de Francia 2011 Ligazóns externas Páxina oficial de Damiano Cunego

Categoría:Ciclistas de Italia Categoría:Gañadores do Giro de Italia