A Tirreno-Adriático é unha carreira ciclista que se disputa cada ano no mes de marzo en terras italianas. Trátase dunha carreira de sete tiradas, que percorre un traxecto que vai dende as costas do Mar Tirreno ás costas do Mar Adriático, polo que se lle chama "a carreira dos dous mares". Está considerada por moita xente como a segunda carreira por tiradas máis importante de Italia, por detrás do Giro de Italia. A proba foi creada no ano 1965 e ten moito prestixio, de xeito que está incluída no calendario internacional do UCI ProTour.
É moi habitual que o gañador da Tirreno-Adriático se impoña ós demais corredores por uns poucos segundos de vantaxe, as mais das veces froito das bonificacións que se acadan nas chegadas á meta en cada tirada. Ten pasado mais dunha vez que en tódalas tiradas se chegue ao sprint e polo tanto o gañador da proba sexa o esprinter que gañou mais tiradas, ou sexa, o que acadou mais segundos de bonificación nas chegadas a meta.
A maioría dos anos hai unha tirada que remata na localidade de Macerata, na cal hai unha longa costa cunha inclinación ata do 21%, na que de cando en vez algún ciclista ten acadado a vantaxe definitiva para vencer na proba.
A carreira remata sempre na localidade de San Benedetto del Tronto, na provincia de Ascoli Piceno.
Gañadores O ciclista que máis veces gañou a Tirreno-Adriático foi o clasicómano belga Roger De Vlaeminck, quen acadou a vitoria seis anos seguidos entre 1972 e 1977.
AnoGañadorTiradasQuilómetros totais 2016 Greg Van Avermaet 7 1019,8 2015 Nairo Quintana 7 1004,4 2014 Alberto Contador 7 1019,1 2013 Vincenzo Nibali 7 1051,2 2012 Vincenzo Nibali 7 1063,2 2011 Cadel Evans 7 1.075,1 2010 Stefano Garzelli 7 1.229 2009 Michele Scarponi 7 1.042,5 2008 Fabian Cancellara 7 1.119 2007 Andreas Klöden 7 1.111,8 2006 Thomas Dekker 7 1.108,5 2005 Óscar Freire 7 1.033,4 2004 Paolo Bettini 7 1.228 2003 Filippo Pozzato 7 1.235 2002 Erik Dekker 7 1.049 2001 Davide Rebellin 8 1.155 2000 Abraham Olano 8 1.249 1999 Michele Bartoli 8 1.412 1998 Rolf Jaermann 8 1.4371997 Roberto Petito 8 1.162 1996 Francesco Casagrande 8 1.370 1995 Stefano Colage 8 1.422 1994 Giorgio Furlan 8 1.316 1993 Mauricio Fondriest 8 1.431 1992 Rolf Sørensen 8 1.166 1991 Herminio Díaz Zabala 8 1.317 1990 Tony Rominger 8 1.041 1989 Tony Rominger 7 1.071 1988 Erich Maechler 6 930 1987 Rolf Sørensen 6 936 1986 Luciano Rabottini 6 981 1985 Joop Zoetemelk 6 1.011 1984 Tommy Prim 6 1.043 1983 Roberto Visentini 5 857 1982 Giuseppe Saronni 5 820 1981 Francesco Moser 5 835 1980 Francesco Moser 5 814 1979 Knut Knudsen 5 916 1978 Giuseppe Saronni 5 864 1977 Roger De Vlaeminck 5 809 1976 Roger De Vlaeminck 5 882 1975 Roger De Vlaeminck 5 816 1974 Roger De Vlaeminck 5 781 1973 Roger De Vlaeminck 5 582 1972 Roger De Vlaeminck 5 884 1971 Italo Zilioli 5 985 1970 Antoon Houbrechts 5 913 1969 Carlo Chiappano 5 946 1968 Claudio Michelotto 5 1.037 1967 Franco Bitossi 5 1.068 1966 Dino Zandegu 3 604
Véxase tamén Outros artigos Giro de Italia Ligazóns externas Información especial sobre a Tirreno-Adriático
Categoría:Competicións de ciclismo de Italia Categoría:Probas do UCI ProTour Categoría:Probas do UCI WorldTour