300px|miniatura|Percorrido da Volta a Suíza na súa edición 2011.

A Volta a Suíza (Tour de Suisse) é unha carreira ciclista por tiradas que se disputa cada ano polo mes de xuño en terras suízas. A proba componse de 9 tiradas, e está considerada a cuarta carreira por tiradas mais prestixiosa do mundo despois das 3 grandes voltas (Tour de Francia, Giro de Italia e Vuelta a España).

A Volta a Suíza foi creada en 1933, e forma parte do calendario internacional do UCI WorldTour. Pola súa posición dentro do calendario, esta proba e mailo Dauphiné Liberé son aproveitados polos ciclistas máis importantes do pelotón para prepararen a súa participación no Tour de Francia, que comeza cada ano a primeiros de xullo. Nos últimos anos o gañador da Volta a Suíza ten gañado tamén o Tour de Francia, como ocorreu por exemplo con Lance Armstrong.

A diferenza do Tour de Romandía, a Volta a Suíza adoita percorrer o centro e o leste de Suíza, de xeito que o Tour de Romandía percorre os territorios francófonos, e a Volta a Suíza o resto do país.

A carreira consiste en 9 tiradas. Sempre ten polo menos, unha contra o reloxo duns 25 ou 35 quilómetros e outras 2 de montaña. Non hai ningún día de descanso.

Gañadores AnoGañadorTiradasQuilómetros totais 2016 Miguel Ángel López 9 1257,9 2015 Simon Špilak 9 1.319,8 2014 Rui Costa 9 1331,2 2013 Rui Costa 9 1.270,8 2012 Rui Costa 9 1.398,6 2011 Levi Leipheimer 9 1.245,2 2010 Frank Schleck 9 1.353,1 2009 Fabian Cancellara 9 13552008 Roman Kreuziger 9 1411 2007 Vladímir Karpets 9 1256 2006 Jan Ullrich 9 1468 2005 Aitor González 9 1355 2004 Jan Ullrich 9 1440 2003 Alexander Vinocurov 9 1428 2002 Alex Zülle 9 1442 2001 Lance Armstrong 9 1413 2000 Oscar Camenzind 10 1358 1999 Francesco Casagrande 10 1508 1998 Stefano Garzelli 10 1504 1997 Christophe Agnolutto 10 1512 1996 Peter Luttenberger 10 1645 1995 Pável Tonkov 10 1619 1994 Pascal Richard 11 1606 1993 Marco Saligari 11 1724 1992 Giorgio Furlan 10 1796 1991 Luc Roosen 11 1921 1990 Sean Kelly 11 1859 1989 Beat Breu 10 1846 1988 Helmut Wechselberger 10 17931987 Andrew Hampsten 11 1699 1986 Andrew Hampsten 11 18021985 Phil Anderson 10 1571 1984 Urs Zimmermann 10 1626 1983 Sean Kelly 11 1808 1982 Giuseppe Saronni 10 1673 1981 Beat Breu 10 1627 1980 Mario Beccia 10 1670 1979 Wilfried Wesemael 10 1622 1978 Paul Wellens 10 1562 1977 Michel Pollentier 10 1582 1976 Hennie Kuiper 10 1456 1975 Roger De Vlaeminck 11 1629 1974 Eddy Merckx 10 1559 1973 José Manuel Fuente 9 1288 1972 Louis Pfenninger 9 1457 1971 Georges Pintens 10 13191970 Roberto Poggiali 9 1629 1969 Vittorio Adorni 9 1500 1968 Louis Pfenninger 9 1375 1967 Gianni Motta 7 12001966 Ambrogio Portalupi 7 14761965 Franco Botossi 7 1307 1964 Rolf Maurer 7 1264 1963 Giuseppe Fezzardi 7 1237 1962 Hans Junkermann 7 12631961 Attilio Moresi 7 1357 1960 Alfred Ruegg 7 1278 1959 Hans Junkermann 7 1317 1958 Pasquale Fornara 8 1511 1957 Pasquale Fornara 8 1567 1956 Rolf Graf 8 1645 1955 Hugo Koblet 8 1648 1954 Pasquale Fornara 7 1747 1953 Hugo Koblet 8 1762 1952 Pasquale Fornara 8 1608 1951 Ferdi Kubler 8 1882 1950 Hugo Koblet 8 1829 1949 Gottfried Weilenmann 8 1874 1948 Ferdi Kubler 7 14121947 Gino Bartali 7 16121946 Gino Bartali 8 1844 1942 Ferdi Kubler 5 1176 1941 Josef Wagner 3 606 1939 Robert Zimmermann 8 1724 1938 Giovanni Valetti 8 1683 1937 Karl Litschi 8 1468 1936 Henri Garnier 7 16571935 Gaspard Rinaldi 7 1661 1934 Ludwig Geyer 7 1475 1933 Max Bulla 5 1253

Palmarés por países País Vitorias 23 19 6 4 3 3 3 2 2 2 2 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Véxase tamén Outros artigos Suíza Tour de Romandía

Ligazóns externas Páxina oficial da Volta a Suíza