Adena é a sección española dunha das maiores e máis eficaces organizacións mundiais e independentes dedicadas á conservación da natureza, integrada no Fondo Mundial para a Natureza (WWF). A WWF foi creada en 1961 e en España en 1968 e opera en máis de 100 países, co apoio de cerca de cinco millóns de persoas en todo o mundo. O seu obxectivo é traballar para deter a degradación ambiental da Terra e construír un futuro no cal o ser humano viva en harmonía coa natureza grazas á: Conservar a diversidade biolóxica mundial. Asegurar que o uso dos recursos naturais renovables sexa sostíbel. Promover a redución da contaminación e do consumo desmedido.

Véxase tamén Outros artigos Ecoloxismo

Ligazóns externas Adena/World Wildlife Fund (WWF)

Categoría:Organizacións non gobernamentais Categoría:Asociacións ecoloxistas