Zathura: A Space Adventure (ou sinxelamente Zathura) é un filme estadounidense dirixido por Jon Favreau que se estreou no 2005. Baséase no libro de ilustracións Zathura de Chris Van Allsburg, autor de Jumanji.

Sinopse Cando o seu pai se vai a traballar e quedan ó coidado da súa irmá máis vella, Danny, de seis anos, e Walter, de dez, ou rifan ou se aburren. Durante unha pelexa, Danny agóchase nun pequeno montacargas, e Walter o fai baixar ata o escuro e temido soto. Alí descobre o antigo taboleiro de metal dun xogo de mesa chamado "Zathura"; despois de intentar, sen éxito, que o seu irmán xogue con el, Danny comeza a xogar só. Dende a primeira xogada, Danny decátase de que non é un xogo de mesa normal. A ficha da nave espacial móvese soa e, cando aterra nun espazo, expulsa unha tarxeta que di: "Chuvia de meteoritos", adopta tácticas evasivas”; inmediatamente, sobre a casa, comezan a caer meteoritos fundidos. Cando Danny e Walter ollan a través da fiestra, descobren con que foron lanzados ó profundo espazo, e que non están sós.

Personaxes Josh Hutcherson como Walter Jonah Bobo como Danny Dax Shepard como Astronauta/Futuro Walter Kristen Stewart como Lisa Tim Robbins como o Pai John Alexander (Frank Oz, voz) como Robot Derek Mears como Lead Zorgon Douglas Tait como Head Zorgon Jeff Wolfe como Master Zorgon Adam Wills como Capitán Zorgon

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity Web oficial

Categoría:Filmes de 2005 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Columbia Pictures Categoría:Filmes dirixidos por Jon Favreau Categoría:Filmes sobre extraterrestres