Rocky é un filme estadounidense dirixido por John G. Avildsen que se estreou en 1976. Estreouse en galego na TVG o 8 de marzo de 2009.
Sinopse Rocky é un boxeador de 3ª categoría que vive nun pequeno apartamento ó sueste de Filadelfia, Pensilvania, e cuxa carreira no ring non parece que vaia durar moito tempo. Gaña a vida como matón recadando débedas para un usureiro italiano chamado Gazzo, pero Gazzo non cre que Rocky teña malicia dabondo para dar unha malleira a un moroso cando sexa necesario. Rocky aínda se adestra de cando en vez para non perder a forma, e o que fora o seu adestrador, Mickey, cre que podería chegar ó máis alto se tivese a vontade necesaria e se dedicara en corpo e alma ó boxeo. Apollo Creed, o incontestable campión mundial dos pesos pesados recibe a nova de que o que ía ser o seu próximo opoñente, McLee Green, rompeu a man. Dado que o resto de boxeadores libres rexeita o combate, xa que só quedan seis semanas para que se dispute, Apollo sopesa a idea de escoller un boxeador descoñecido. Repasa a escena puxilística de Filadelfia e elixe que o seu rival sexa Rocky, pola sinxela razón de que lle gustou o alcume do italo-estadounidense, O poldro italiano. Un promotor, chamado Jergens, amaña a pelexa, e Rocky comezará a adestrarse ás ordes de Mickey.
Personaxes Sylvester Stallone como Rocky Balboa Talia Shire como Adrian Pennino Burt Young como Paulie Pennino Carl Weathers como Apollo Creed Burgess Meredith como Mickey Goldmill Thayer David como George Jergens Joe Spinnell como Tony Gazzo
Galardóns e nomeamentos 1976: 3 Óscars: Mellor película, director e montaxe. 1976: Globos de Ouro: Mellor película: Drama.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity
Categoría:Filmes de 1976 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por John G. Avildsen Categoría:Filmes de United Artists Categoría:Filmes rodados en Pensilvania Categoría:Filmes rodados en Filadelfia Categoría:Óscar ó mellor filme Categoría:Filmes ambientados en 1975 Categoría:Filmes ambientados en 1976 Categoría:Filmes cuxo director gañou o Óscar ó mellor director Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 1976 con versión en galego