Panecio de Rodas, nado en Lindos no 185 a. C. e finado en Atenas en 110 a. C., foi un filósofo grego, mestre da escola estoica durante o seu período medio.
Traxectoria Viaxou a Roma, onde tivo escola, introducindo grandes modificacións na doutrina estoica con elementos tomados do platonismo e do aristotelismo, a fin de adecuala ao pensamento romano, iniciando así a tendencia ecléctica. Alí fixo amizade con Publio Cornelio Escipión Emiliano, do que foi conselleiro. Entre os seus discípulos atopábanse Mnesarco, Hecatón de Rodas, Dárdanos, Escílax de Halicarnaso, Teótimo e Posidonio.
Véxase tamén Ligazóns externas
La Filosofía estoica y la República romana
Categoría:Personalidades da Grecia antiga Categoría:Nados en Rodas Categoría:Nados en -185 Categoría:Finados en -110 Categoría:Personalidades de Rodas na Antigüidade