Philippe Gilbert, nado o 5 de xullo de 1982 na localidade valoa de Verviers, en Bélxica, é un ciclista profesional dende 2003, especialista nas carreiras clásicas.

Palmarés Philippe Gilbert é un gañador de carreiras dun día, por iso nunca fixo unha boa clasificación xeral nunha carreira de 3 semanas. Estes son os seus éxitos máis salientables: 1º na clasificación final do UCI World Ranking en 2011, e 3º en 2010.

Nas Grandes Voltas: Tour de Francia: 1 vitoria parcial e 1 tirada vestido co maillot amarelo no Tour de Francia 2011. Giro de Italia: 1 vitoria parcial no Giro de Italia 2009. Vuelta a España: 2 vitorias parciais e 5 tiradas vestido co xersei ouro na Vuelta a España 2010, e outras 2 vitorias parciais na Vuelta a España 2012. Vitorias nas Clásicas: Tour de Flandres: Vitoria 2017 Paris Roubaix: Vitoria en 2019. Liexa-Bastogne-Liexa: Vitoria en 2011. Frecha Valoa: Vitoria en 2011. Amstel Gold Race: Vitorias en 2010, 2011, 2014 e 2017. Giro da Lombardía: Vitorias en 2009 e 2010. Clásica de San Sebastián: Vitoria en 2011. Frecha Brabanzona: Vitoria en 2011 e 2014. Giro do Piamonte: Vitoria en 2009 e 2010. París-Tours: Vitorias en 2008 e 2009. Outras vitorias: Campión do mundo en 2012 de ciclismo en ruta. Campionato de Bélxica de ciclismo en ruta: 2011 e 2016. Campionato de Bélxica de ciclismo en ruta contra o reloxo 2011 Gañador da Volta a Bélxica: 2011. Gañador da París-Corrèze: 2004. Gañador da Ster ZLM Toer: 2009 e 2011. Gañador do Gran Premio de Valonia: 2006. Gañador da Montepaschi Eroica: 2011.

Equipos Française des Jeux (2003-2008) Lotto (2009-2011) Silence-Lotto (2009) Omega Pharma-Lotto (2010-2011) BMC Racing Team (2012-2016) Quick Step (2017-2019) Quick-Step Floors (2017-2018) Deceuninck-Quick Step (2019) Lotto Soudal (2020-)

Véxase tamén Outros artigos Clásica Ciclismo Ligazóns externas Páxina oficial de Philippe Gilbert

Categoría:Ciclistas olímpicos de Bélxica Categoría:Nados na provincia de Liexa Categoría:Nados en 1982 Categoría:Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Gañadores de etapa no Tour de Francia